Noticias

Ábrese o proceso para a implantación de graos abertos nas universidades galegas o vindeiro curso 2020-21

Ábrese o mércores o proceso para a implantación de graos universitarios abertos o vindeiro curso 2020-21 nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG). As universidades dispoñen de prazo desde mañá ata o 31 de xaneiro para preparar as súas propostas para a súa aprobación e elevación á Conferencia General de Política Universitaria. Con esta iniciativa novidosa en Galicia, búscase por unha banda incrementar a flexibilidade nos estudos universitarios e ampliar as posibilidades de elección do alumnado ao tempo que se pretende reducir as taxas de abandono ou de cambio de estudos nos primeiros anos de vida universitaria.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre mañá, coa publicación do anuncio no seu portal web, o proceso para a implantación de graos universitarios abertos o vindeiro curso 2020-21 nas tres universidades do Sistema Universitario Galego (SUG).

Así o anunciou esta mañá en Lugo a conselleira de Educación, Carmen Pomar, con motivo dunha visita á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría no Campus de Lugo onde se imparte o Grao de Robótica; e onde estivo acompañada da vicerreitora de Coordinación do Campus de Lugo, Montserrat Valcárcel, e do delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Pomar sinalou que as universidades dispoñen de prazo desde mañá ata o 31 de xaneiro para facerlle chegar as súas propostas á Consellería, concretamente á Secretaría Xeral de Universidades, que será o órgano encargado de avalialas para a súa aprobación e elevación á Conferencia General de Política Universitaria.

Con esta iniciativa novidosa en Galicia, a Consellería de Educación busca por unha banda incrementar a flexibilidade nos estudos universitarios e ampliar as posibilidades de elección do alumnado ao tempo que se pretende reducir as taxas de abandono ou de cambio de estudos nos primeiros anos de vida universitaria. “Damos un importante e novidoso paso ao servizo das nosas universitarias e universitarios, xa que no vindeiro curso van ten a posibilidade de cursar durante un tempo unha titulación combinada antes de escoller a que consideren que mellor responde aos seus intereses”, sinalou Carmen Pomar.

A conselleira explicou que cando un alumno accede á universidade, en moitas ocasións ten dúbidas sobre o contido exacto do título escollido, as competencias profesionais que lle vai proporcionar ou as saídas laborais. De feito os datos a nivel estatal sinalan que un de cada tres universitarios abandona o grao no que se matricula nos dous primeiros cursos, ben porque deixa a universidade, ben porque cambia de grao. Precisamente para atallar esta dinámica e garantir que os estudantes dispoñan da máxima información posible á hora de elixir estudos, o Goberno galego pon en marcha esta iniciativa de graos abertos que vai redundar nun beneficio para o conxunto da universidade universitaria.

Proceso e requisitos de implantación de graos abertos

Entre os requisitos que deben cumprir as propostas presentadas está que cada programa de grao aberto debe combinar materias de como mínimo tres graos que deben pertencer á mesma rama de coñecemento. O número de prazas ofertadas por cada grao aberto será dun máximo de 25.

As universidades deberán garantir que o alumnado matriculado nestes programas poidan cursar un máximo de 90 créditos; ofrecerlles un proceso continuo de titorización e mentorización; e recoñecerlles a maioría dos créditos cursados no grao finalmente elixido.

Para acceder aos graos abertos, o alumnado deberá contar cunha nota de acceso como mínimo, igual á máis alta de todas as titulacións de grao integradas no programa (como referencia empregaranse as notas de corte desas titulacións no presente curso académico 2019-20).

Na proposta que deben facer chegar as universidades á Secretaría Xeral de Universidades deberá figurar a denominación do grao aberto, a rama de coñecemento, os centros responsables da impartición das materias do programa, a duración do programa, os requisitos de acceso, o número de prazas ofertadas e de créditos nos que debe matricularse o alumno, e o número de créditos mínimo que deben superarse para a admisión no grao finalmente elixido, entre outros.

Investimentos e aposta pola especialización no Campus Terra

Na súa visita á Escola de Enxeñaría, a conselleira de Educación tivo ocasión de comprobar a boa marcha do Grao de Robótica, a nova titulación que se implantou este curso no Campus de Lugo e que contou cunha moi boa acollida por parte do alumnado xa que se se cubriron as 50 prazas ofertadas.

Así mesmo Carmen Pomar salientou o apoio da Xunta de Galicia aos campus universitarios non centrais como o Campus Terra de Lugo, no que a Consellería de Educación leva investidos uns 3,9 millóns de euros desde que se puxo en marcha en 2015, incluídos os 700.000 euros entre este e o próximo ano e que permiten, entre outras cousas, a adecuación e a dotación de equipamentos dos laboratorios do Grao de Robótica, modelos de simulación para a Facultade de Veterinaria, axudas ao Rof Codina e Asesoría para o Campus de Especialización.

Precisamente a este respecto a conselleira lembrou que nestes momentos está aberto o procedemento para a acreditación dos campus de especialización, unha aposta da Consellería polo impulso da investigación universitaria e a mellora da calidade da docencia.

R., 2019-11-19

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES