Notas de prensa

A artesanía de Galicia promociónase en máis de 40 feiras estatais e internacionais

Esta iniciativa enmárcase dentro do Plan de Artesanía de Galicia, que ten por obxectivo o desenvolvemento dunha estratexia de promoción, impulso e mellora da competitividade do sector, e para o que ven de publicarse no DOG a liña de axudas por máis de 190.000 euros para 33 obradoiros, 11 concellos e tamén para a Asociación Galega de Artesáns.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de conceder apoios por máis de 190.000 euros co obxectivo de fomentar a promoción comercial da artesanía galega en preto de 45 feiras nacionais e internacionais, dos que se benefician un total de 33 obradoiros artesanais, 11 concellos e a Asociación Galega de Artesáns.

Así, mediante a resolución que se publica no DOG do 1 de setembro, apóiase a participación de profesionais en encontros internacionais como Bijorhca e Maison&Objet, en París; e outras nacionais como Bisutex, Intergift ou Madridjoya, en Madrid, ou Expohogar en Barcelona, contribuíndo así á busca de novas oportunidades de negocio.

Ademais, obteñen axudas un total de 11 concellos, para a organización da Mostra de Olería de Buño (Malpica); a Mostra do Encaixe de Camariñas; a Mostra de Artesanía Artelemos (Monforte), o encontro Alfaroleiros (Oleiros); a Feira de Artesanía de Viveiro; a Feira de Artesanía de Carnota; a Feira de Produtos Endóxenos en Bande; a Feira de Maquinaria Usada e Artesanía de Cospeito; a Feira de Artesanía e Gastronomía de Castroverde; a Feira de Artesanía de Outeiro de Rei e a Feira Tradicional Outrora de Bóveda. Por outra banda, respáldase tamén a organización por parte da Asociación Galega de Artesáns das feiras Mostrart, na Coruña, e Ofeitoamán, en Vigo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-09-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES