Notas de prensa

A gastronomía consolídase como núcleo creativo e foco de debate na capital galega

A capital galega reúne a expertos no congreso Propter magnare creatus. Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a península Ibérica para afondar na vinculación entre gastronomía, lingua e literatura, así como na contribución destes factores á construción dunha cultura europea compartida.

A capital galega reúne desde ata o venres 23 de setembro recoñecidos expertos de dentro e fóra de Galicia para afondar na vinculación entre gastronomía, lingua e literatura, así como na contribución destes factores á construción dunha cultura europea compartida.

Fano no marco do congreso ‘Propter magnare creatus... Lingua, literatura e gastronomía entre Italia e a Península Ibérica’, unha iniciativa organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, co apoio da Consellería de Cultura e Educación, que abriu esta mañá as súas portas cun acto no que participaron o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o vicerreitor da USC, Roberto Javier López; a concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, Branca Novoneyra; a decana da Facultade de Filoloxía, María José López; o cónsul honorario de Italia en Galicia, Francesco Milani, e o coordinador do congreso, Benedict Buono.

“O programa deste congreso ábrenos as fiestras a unha multiplicidade de vertentes que configuran parte da nosa identidade, con diversos elementos compartidos no ámbito europeo e particularmente coas culturas mediterráneas”, dixo o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, durante o acto de apertura, no que se referiu á gastronomía como “tema e lugar de inspiración de primeira orde na expresión artística e tamén como un campo interesantísimo para a análise da nosa expresión lingüística e para todo canto ten que ver coas relacións humanas”.

“A gastronomía que neste congreso se analizará desde tempos remotos, segue a ‘alimentar’ ata os nosos días a creatividade dos nosos autores e autoras, que continúan bebendo nesta fonte para a construción dos seus textos”, dixo. “Sábeno e aprovéitano ben –precisou– algunhas das mellores plumas da literatura galega actual, que decidiron seguir transitando polos camiños abertos por Álvaro Cunqueiro de lle dar prestixio á gastronomía no espazo literario”, afirmou Anxo Lorenzo, que mencionou algúns exemplos de autores e autoras, como Fina Casalderrey, Ledicia Costas e Rodríguez Baixeiras.

Gastronomía e léxico, gastronomía e literatura, a cociña balear e a cociña monástica no Camiño de Santiago, a gastronomía na Idade Media e os alimentos antigos son algúns dos eixos temáticos dun congreso que iniciou hoxe a súa programación cun relatorio sobre a comida na comedia italiana renacentista, a cargo de Vicente González Martín, da Universidade de Salamanca.

Organizado pola Área de Filoloxía Italiana e Área de Filoloxía Catalá da USC coa colaboración do Goberno galego, o congreso, ademais de conferencias e mesas redondas, tamén incluirá formatos como un show-cooking a cargo do Centro Superior de Hostalaría de Galicia en homenaxe a Álvaro Cunqueiro.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-09-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES