
Así o entendeu a modernidade, que resolveu cunha expresión en moitas ocasións debedora do propio medio marítimo, as esixencias expostas por programas moi diversos: lonxas, naves portuarias, factorías, clubs náuticos, balnearios, poboados de pescadores ou vivendas unifamiliares e colectivas, entre outros.
O lema desta edición conecta co espírito do Convenio Europeo da Paisaxe, asinado en Florencia o 20 de outubro de 2000, que salientaba o valor da paisaxe como elemento esencial para o benestar individual e colectivo. Neste contexto, o Congreso pretende reflexionar sobre o patrimonio arquitectónico e paisaxístico vinculado ao mar, abordando tanto a súa conservación como a súa reinterpretación contemporánea.
Programa
O Congreso abrirase o mércores 22 de outubro, ás 18:30 horas, na Fundación Barrié, coa inauguración oficial e a conferencia de apertura a cargo do arquitecto Enric Batlle, da Universidade Politécnica de Cataluña.
Durante as xornadas do xoves 23 e venres 24, as sesións desenvolveranse na Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC, estruturadas en catro bloques temáticos: dinámicas sociais e económicas da arquitectura costeira moderna; territorio e paisaxes marítimas modernas; o mar como tema da modernidade: lecer, deporte e natureza e a forma e significado das arquitecturas do mar na modernidade.
O programa inclúe conferencias de especialistas como Eliana Sousa Santos, da Universidade de Coimbra; María Manuel Oliveira, da Universidade do Miño; Juan Caridad Graña e Fernando Agrasar, da Universidade da Coruña; ademais de mesas redondas e a inauguración dunha exposición no COAG.
O sábado 25 de outubro o congreso trasladarase a Ferrol, onde se celebrará un percorrido pola ría e unha visita ao Arsenal, culminando coa conferencia de clausura de Celestino García Braña.
Sobre Docomomo Ibérico
Docomomo (Documentation and Conservation of buildings, sites and neighbourhoods of the Modern Movement) é unha organización internacional creada en 1990 co obxectivo de inventariar, divulgar e protexer o patrimonio arquitectónico do Movemento Moderno.
A Fundación Docomomo Ibérico, presidida por Celestino García Braña e dirixida por Susana Landrove, con sede en Barcelona no Col·legi dArquitectes de Catalunya, coordina estas accións en España e Portugal. Desde 1993 ten desenvolvido numerosas iniciativas de documentación, investigación e divulgación do patrimonio moderno, como bases de datos, publicacións, exposicións, congresos, roteiros de arquitectura e campañas de protección.
A economía galega medrará catro décimas máis do previsto hai un ano, cando se elaboraron os orzamentos vixentes. Así se desprende do Informe sobre as previsións macroeconómicas que se incluirán nos orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2027, elaborado polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e que hoxe foi avalado pola AIReF. Deste xeito, segundo constata o documento, Galicia medrará máis do previsto para este ano. Non en van, se en xullo, cando se aprobou o teito de gasto non financeiro, a Comunidade xa mellorou a previsión de crecemento que estaba nos orzamentos para este ano en dúas décimas, pasando do 1,9 % ao 2,1 %, agora volve a facelo, mellorando noutras dúas décimas (ata o 2,3 %) a previsión para o peche de 2026.