//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A Cidade da Cultura explorará con expertos internacionais como acadar arquitecturas saudables para a infancia en espazos públicos como as escolas, as súas contornas e mesmo nas cidades. Será este venres e sábado no V Playgrounds. Encontro Internacional de Educación en Arquitectura para a Infancia e Xuventude, no que 170 profesionais e estudantes desta disciplina e de Educación infantil e primaria afondarán nestas cuestións, a través da súa participación en nove charlas e en 20 obradoiros prácticos. Esta mostra do Museo Centro Gaiás para xogar coa arquitectura está dirixida a familias, cativada e alumnado de centros escolares.
Ábrese a convocatoria do programa Iacobus-Estadías de investigación e do Iacobus Publicacións Científicas (Papers), impulsados pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal. O prazo estará aberto ata o próximo 29 de novembro no primeiro caso; e ata o 9 de decembro no segundo. O Iacobus-Estadías de Investigación, que xa vai pola súa sétima edición, é un programa de gran éxito no mundo universitario da Eurorrexión. Suma máis de 1.400 candidatos nas edicións anteriores, entre os que foron seleccionados 798 proxectos de investigación en múltiples áreas de coñecemento.
21 centros seleccionados participarán este outono na Semana STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), da que tomarán parte un total de 450 alumnas e alumnos (un máximo de 25 por centro) esta semana, cando arrinca a primeira quenda de estadías. Este campamento de innovación educativa está dirixido a rapaces de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros públicos galegos, co obxectivo de ampliar os seus coñecementos científico-tecnolóxicos a través de estadías dunha semana de duración en réxime de internado durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. O obxectivo é reforzar os coñecementos científico-tecnolóxicos no eido educativo, necesarios para dar resposta aos desafíos profesionais do futuro.
Os reitores e representantes de 25 universidades de 9 países europeos e americanos apoian á paisaxe cultural da Ribeira Sacra no percorrido cara á súa inclusión na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO, referendando que se trata dunha representación excepcional da indisoluble unión de patrimonio e natureza, que configura unha paisaxe cultural viva, cuxa beleza reflexa e testemuña o bo facer das civilizacións pasadas e presentes. O Camiño de Santiago tamén se integra formalmente no texto desta declaración, na que se destaca o seu valor espazo de encontro entre persoas e pobos, recoñecendo así mesmo o seu potencial transformador e a súa capacidade impulsora da concordia, o diálogo intercultural e o enriquecemento das comunidades locais.
A Comisión Europea ten trasladado á Xunta que Galicia poderá optar aos fondos de transición xusta que se establecerán por parte da Comisión a partir do ano 2021. O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, reuniuse, entre outros, coa directora de Mercados Europeos e Internacionais do Carbono, que forma parte da Dirección xeral de Acción polo Clima, Beatriz Yordi, e con Carlos Esteva Mosso, director xeral adxunto de Axudas de Estado da Dirección xeral da Competencia, e apuntou que a Comisión Europea comparte a visión da Xunta dunha transición enerxética xusta e que quedou constatado que Galicia vai na boa dirección.
O obxectivo deste bacharelato é promover a vocación do alumnado cara á investigación científica e tecnolóxica, mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e adaptación á ensinanza universitaria, e tendo en conta a perspectiva de xénero. Ademais, favorécese unha mentalidade científica, rigorosa, ordenada e crítica; así como o desenvolvemento da creatividade, do sentido da iniciativa ou do emprendemento e da resolución de problemas. O alumnado que curse este bacharelato no segundo ano deberá desenvolver un proxecto de investigación individual ou colectivo con posterior defensa pública.
O tempo medio de espera cirúrxica global no sistema sanitario público galego no primeiro semestre deste ano 2019 foi de 56,4 días, 3,4 días menos que no mesmo período do ano anterior (que foi de 59,8 días). Esta é a mellor cifra dende que existe rexistro de lista de espera e consolidou a tendencia do ano 2018, na que Galicia situouse por primeira vez por debaixo dos 60 días. Nos últimos cincos anos, a redución do tempo medio de espera foi de case 30 días. No primeiro semestre deste ano, o tempo medio de demora para as primeiras consultas de enfermidade situouse en 37,6 días, e para as probas diagnósticas en 59,1 días.
Agresión OFF, Eu digo non á violencia Sexual é unha campaña creada pola Xunta de Galicia, que ten o obxectivo de loitar contra a violencia sexual e o acoso cara as mulleres, e sensibilizar á poboación sobre esta problemática. Deseñada especialmente para funcionar nos festivais musicais da nosa comunidade, pretende conseguir que as mulleres se sintan seguras neste tipo de eventos, e tamén aproveitar a presenza masiva de público para concienciar sobre a lacra da violencia sexual. De feito, durante o ano 2018 chegou a 4.000 persoas, isto é, unha media de 700 persoas por evento.
Celebrouse no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas a décima gala de entrega dos premios do certame de cine OUFF Escola. A que xa é décima edición do Certame de Cinema OUFF Escola outorgoulle este ano o primeiro premio na categoría de Infantil e Primaria ao traballo Agapito vai de viaxe, do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira, A Coruña). Na categoría de secundaria, o primeiro premio de Outros niveis de ensino non universitario lle foi concedido ao IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) pola curta Deámoslles voz. OUFF Escola é un certame de cinema convocado pola Concellaría de Cultura de Ourense e pola Consellería de Cultura e Turismo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF).
O Instituto Galego de Estatística fixo públicos os datos do Módulo de coñecemento e uso do galego da Enquisa estrutural a fogares de 2018, que mostran a consolidación da lingua galega como idioma maioritario de Galicia. Por primeira vez desde que en 2013 se publicara este módulo , medra lixeiramente a porcentaxe de persoas galegofalantes, entendendo por tales as que falan só o galego e máis galego ca castelán, ata chegar a sumar un 51,88% da poboación. Se a elas lles sumamos as bilingües con predominio do castelán, temos que se incrementa ata un 75,02% a porcentaxe de galegos que emprega nalgunha medida o idioma propio de Galicia na súa vida cotiá
La Estrategia de Emprendimiento y Empleo Joven puesta en marcha por el Ministerio de Empleo y Seguridad Social contempla, entre las medidas a corto plazo, la impartición de programas formativos dirigidos a la obtención de certificados de profesionalidad y otras modalidades formativas, se incluye un compromiso de contratación por parte de las entidades solicitantes.
O éxito acadado na edición de NOITEPEDRAS 2016 lévanos a continuar no mes de setembro cunha novidade importante pola temática escollida nesta ocasión, centrada na explicación da relación dos petróglifos coa paisaxe celeste da súa época, a Idade do Bronce. O encargado desta actividade é o experto en astronomía cultural Benito Vilas, autor de varias publicacións no eido da arqueoastronomía e megalitismo.
Tras el descanso estival, los Centros de Mayores de Afundación abrirán de nuevo sus puertas el próximo jueves 1 de septiembre. Para el curso 2016-2017 se han diseñado nuevos programas que tienen como objetivo potenciar el papel de los mayores en la sociedad y crear oportunidades para que las distintas generaciones estén conectadas.
La Fundación Catedral de Santiago, en aplicación y desarrollo del Convenio de colaboración suscrito entre la Xunta de Galicia, el Cabildo de la Catedral de Santiago y la propia Fundación Catedral, ha sacado a concurso las obras de restauración completa de la peineta, castelletes, terraza y cripta del Obradoiro con las que se remata la rehabilitación de la emblemática e icónica fachada occidental de la basílica compostelana.
La Asociación de Comerciantes, Industriales y Autónomos de Foz (ACIA Foz CCA) lanza un concurso de fotografía durante todo el mes de Agosto,basado en una
plataforma web desarrollada por GaliciaDigital. Se trata de un concurso en el que todos los mayores de 18 años pueden enviar vía web sus fotos relacionadas con el verano de Foz.
A organización do Festival Revenidas 2016 confirma que haberá Revenidas 2017 á vez que reitera o seu agradecemento a todas as persoas e entidades que fixeron posible unha edición de records. O Concello de Vilagarcía, a Deputación de Pontevedra a través da marca Festivais Rías Baixas, AGADIC, así como as empresas privadas como Mahou, Gadis, Marieta Martín Códax e Deleite Galego.
El 25 de agosto se inician los controles de maduración en las viñas pertenecientes a la denominación de origen. Estos controles determinaran el estado de la uva y ayudaran a establecer la fecha oficial para el inicio de vendimia recomendada por el Consello Regulador. Los controles se llevan a cabo por los técnicos del Consello Regulador en parcelas representativas de las cinco subzonas que forman la denominación de origen.
A Concellería de Sanidade organiza un obradoiro sobre actualizacións na normativa dos alérxenos alimentarios nos comedores, que divulgará entre profesionais e público en xeral as novidades normativas acerca destas sustancias que, ao introducirse no organismo, o sensibilizan para a aparición dos fenómenos da alerxia.
O Padroado da Fundación Galicia-América, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, vén de nomear Membro de Honra a Víctor Manuel Vázquez Portomeñe como promotor e impulsor da devandita entidade no tempo do seu deseño e concepción dos obxectivos fundacionais.
Xantar, el Salón Internacional de Turismo Gastronómico, comenzó la promoción de su próxima edición, la décimo octava, participando como invitado especial representando la gastronomía gallega en el Festival Gastronómico do Bife de Espadarte (pez espada), en Vila Praia de Âncora, en Portugal, que se celebra hasta el próximo domingo día 21.