
Na xuntanza na que se tomou a decisión participaron tamén o vicepresidente da Fundación, Manuel Peleteiro; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda; e Alicia García de la Fuente e José María Vila Alén, ambos os dous vogais designados polo Centro Galicia de Buenos Aires.
Segundo a acta da reunión a entidade considera decisoria para materializar a idea de creación da Fundación a especial relación de Vázquez Portomeñe coa colectividade galega e máis concretamente a fundación do Colexio Santiago Apóstol, un centro que naceu para formar as novas xeracións de galegos en Arxentina, para que se mantivesen os seus vínculos con Galicia, e ser foco difusor da cultura galega. Así mesmo saliéntase a súa figura como intelectual de referencia para os galegos de América e nomeadamente para os de Bos Aires, onde habitualmente asiste a citas de carácter socio cultural e imparte charlas e conferencias que teñen que ver co feito migratorio e a proxección exterior de Galicia a través das súas comunidades do exterior.
Vertebrar a comunidade galega
A Fundación Galicia-América foi constituída en escritura pública outorgada en Santiago de Compostela, o día 23 de xullo de 1996; e declarada de interese cultural por orde do 9 de outubro do mesmo ano. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos o obxecto da fundación é entre outros promover especialmente todas aquelas accións que, respectando as disposicións legais existentes, fomenten o achegamento da realidade galega a tódolos países americanos onde se atope vertebrada a comunidade galega.
Ao seu abeiro fundouse o Colexio Santiago Apóstolo, que naceu da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Centro Galicia de Bos Aires a través da Fundación Galicia América co obxectivo de desenvolver un programa educativo bicultural no país que alberga a maior colonia de galegos na diáspora. O Santiago Apóstolo viña a facer realidade o vello desexo da colectividade de Galicia na Arxentina de contar cun colexio galego, un proxecto que comezou a súa andaina froito do traballo conxunto da Xunta de Galicia e do Centro Galicia de Bos Aires fundado en 1979 nos anos 80 do século XX.
O centro abriu as súas portas en 1998 e nestes 15 anos de historia foi completando a súa oferta educativa ata abranguer os actuais niveis inicial, primario e secundario. Desde 2003 o colexio conta cun departamento de Lingua e Literatura Galega que contribúe aínda máis a reafirmar os valores e riscos da identidade e da cultura do noso país no centro, favorecendo a súa difusión entre o seu estudantado.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.