Noticias

A campaña Agresión OFF loita contra a violencia sexual en Galicia en festivais musicais e festas de interese turístico

“Agresión OFF, Eu digo non á violencia Sexual” é unha campaña creada pola Xunta de Galicia, que ten o obxectivo de loitar contra a violencia sexual e o acoso cara as mulleres, e sensibilizar á poboación sobre esta problemática. Deseñada especialmente para funcionar nos festivais musicais da nosa comunidade, pretende conseguir que as mulleres se sintan seguras neste tipo de eventos, e tamén aproveitar a presenza masiva de público para concienciar sobre a lacra da violencia sexual. De feito, durante o ano 2018 chegou a 4.000 persoas, isto é, unha media de 700 persoas por evento.

Nos festivais musicais galegos pódense atopar casetas informativas, onde se ofrece todo tipo de material, como por exemplo o “Décalogo contra la violencia sexual: diez cosas que tienes que saber”, que aparece ademais na app para dispositivos móbiles de Agresión OFF, que entrou en funcionamento no mes de agosto de 2018. Este decálogo contén os seguintes puntos:

- As agresións sexuais son un delito recolleito no Código penal.
- Nada xustifica unha agresión: nin a forma de vestir, nin a exhibición do corpo. Tes dereito a divertirte sen ser importunado/a ou agredido/a.
- Tes dereito a pasalo ben e gozar en liberdade e con seguridade. A rúa, a noite e as festas tamén son das mulleres.
- Sen consentimento non é unha relación, é unha agresión.
- O consentimento non é ilimitado e existe o dereito de repensalo e a non seguir. NON É NON!
- Baixo a influencia do alcol e doutras substancias segue existindo o dereito para dicir non e se non hai un si é un non, sen que haxa outra interpretación.
- Insistir cando che rexeitan é acosar. Non te poñas pesado/a.
- Se necesitas axuda fronte a unha agresión chama ao 112 (número de emerxencias).
- Se presenzas unha agresión sexista non a permitas, chama e denuncia.
- Lembra que se sofres unha agresión sexual, sexa nas circunstancias que sexa, non te sintas culpable porque a responsabilidade é sempre de quen agride.

NoticiaPero a app móbil ofrece moitos máis contidos, ademais deste decálogo: consellos prácticos sobre como actuar en situacións de perigo, directorio de lugares onde se pode obter axuda, e teléfonos de información.

Outros dos elementos principais da campaña “Agresión OFF, Eu digo non á violencia Sexual” teñen como obxectivo a concienciación da sociedade enviando mensaxes contra a violencia sexual e información práctica sobre como actuar ante esta problemática: Desde a proxección de vídeos nos festivais musicais, ata a información presencial nestes eventos, pasando pola organización de obradoiros informativos para os voluntarios que colaboran.

Todas estas accións están enmarcadas no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, pero hai moitas máis iniciativas dentro deste pacto. A Vicepresidencia da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Igualdade, asinou convenios de colaboración con outras consellerías, como por exemplo coa Consellería de Cultura para desenvolver campañas contra a violencia de xénero nas bibliotecas de Galicia, ou a través de Agresión OFF, cun importe de 775.000 euros.

Ademais, a campaña “Agresión OFF, Eu digo non á violencia Sexual” ven de ampliar este ano o seu alcance, nas festas de interese turístico galego, nacional e internacional da nosa comunidade, nos 12 festivais musicais que operan baixo a marca FestGalicia e nos 25 concellos da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.

Dentro tamén do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, a Xunta e a Fundación Meniños firmaron un acordo de colaboración que destinará 50.000 euros a un programa de intervención con mulleres que sofren abuso ou violencia sexual na nosa comunidade. Tanto as vítimas como os seus familiares e achegados reciben recursos terapéuticos por parte de profesionais especializados para lograr a súa recuperación integral. Do mesmo xeito, os profesionais que participan neste proxecto tamén reciben asesoramento e formación profesional no ámbito da violencia sexual.

R., 2019-10-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES