
Estes datos sitúan á Galicia como unha das comunidades con mellores indicadores do Sistema Nacional de Saúde (SNS), unha tendencia que xa se vén manifestando nos últimos anos, con cifras de tempo de espera media moi por debaixo da media estatal. Os últimos datos publicados polo Ministerio de Sanidade para o mesmo período, os correspondentes a 30 de xuño de 2018, sitúan a espera media cirúrxica en España en 93 días, é dicir, 36,6 días máis que a media galega. Mentres que o tempo medio de espera para as primeiras consultas no SNS é de 57 días, 19,2 días máis que a media na comunidade galega.
No primeiro semestre deste ano, o tempo medio de demora para as primeiras consultas de enfermidade consolidouse por debaixo dos 40 días (situouse en 37,6 días), e para as probas diagnósticas mantense en 59,1 días.
O Sergas continúa cumprindo o compromiso de atender as patoloxías máis graves (prioridade 1) por debaixo dos 30 días. No primeiro semestre de 2019, os pacientes de prioridade 1 agardaron unha media de 16 días.
Ademais, o Sergas segue a traballar na implantación das vías rápidas de cancro (implantadas en todas as EOXIs) para dar unha resposta aos pacientes de acordo coas súas necesidades, xa que están orientadas a procesos que requiran unha intervención rápida por motivos de gravidade do doentes ao obxecto de mellorar a calidade de vida das persoas que sofren estas patoloxías e incrementar a súa supervivencia. En total beneficiáronse deste procedemento nos primeiros seis meses deste ano 8.703 pacientes, cunha espera media de 5,9 días.
E cómpre destacar tamén, no que atinxe á Lei de Garantías, que dende a entrada en vigor o 10 de xaneiro de 2018 do decreto que regula o sistema de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias públicas, e ata o 30 de xuño de 2019, un total de 65.883 persoas se beneficiaron deste dereito.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.