
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou esta mañá na décima gala de entrega dos premios do certame de cine OUFF Escola, celebrada no Auditorio Municipal da Cidade das Burgas.
Valentín García valorou o esforzo realizado por profesorado e alumnado para realizar estas curtas, que son unha mostra da creatividade e da capacidade da mocidade para expresar o que é, pensa, sente ou lle preocupa en lingua galega. O secretario xeral tamén quixo animar a todo o profesorado a empregar o audiovisual como vía para un ensino innovador, atractivo e comunicativo da lingua propia de Galicia.
A que xa é décima edición do Certame de Cinema OUFF Escola outorgoulle este ano o primeiro premio na categoría de Infantil e Primaria ao traballo Agapito vai de viaxe, do CEIP Plurilingüe de Palmeira (Ribeira, A Coruña). O segundo premio recaeu en A gorra da sorte, do CPR Plurilingüe María Assumpta (Noia, A Coruña) e o Premio Blanco Amor ao mellor guión, en Medrando en dereitos, do CEIP Plurilingüe A Pedra (Bueu, Pontevedra).
Na categoría de secundaria, o primeiro premio de Outros niveis de ensino non universitario lle foi concedido ao IES Isaac Díaz Pardo (Sada, A Coruña) pola curta Deámoslles voz. O segundo recaeu na proposta Pulso, do IES Chan do Monte (Marín, Pontevedra). Nesta modalidade, o Premio Blanco Amor ao mellor guión correspondeulle ao filme Mans salgadas, do IES de Foz (Foz, Lugo).
OUFF Escola é un certame de cinema convocado pola Concellaría de Cultura de Ourense e pola Consellería de Cultura e Turismo no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). Nacido hai dez anos, ten os obxectivos de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.