//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
O dispositivo para a loita contra o lume forestal tense visto sensiblemente incrementado a nivel técnico neste ano 2019. Así, incorpóranse novidades entre as que destaca o emprego de drons, aparatos non tripulados que poden ser empregados tanto de día como de noite, e que incorporan cámaras de vídeo e térmicas para mellorar a vixilancia, detección, apoio da extinción e investigación de incendios. Estes aparellos permiten tamén vixiar o cumprimento do convenio de protección das aldeas, dentro do acordo asinado entre a Consellería do Medio Rural, Seaga e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), con maior eficacia na xestión da biomasa nas franxas e a prevención de lumes.
Esta acreditación suporá un recoñecemento ao proceso de transformación levado a cabo desde as universidades par acadar os obxectivos de maior especialización, compactidade e calidade da docencia e da investigación. Trátase dun proceso aberto no tempo ao que cada universidade se pode presentar cando considere oportuno e que culminará coa sinatura dun convenio economicamente dotado en función da proposta que faga a propia universidade así como do informe dos expertos que participan no proceso. O Programa de Especialización dos Campus do SUG foi lanzado no ano 2013 co obxectivo de promover a especialización e diferenciación dos campus a través da colaboración estratéxica e do aproveitamento das potencialidades económicas das contornas máis próximas.
A secretaria xeral de Igualdade, e o secretario xeral para o deporte, asinaron novos contratos -dun total de 25- de patrocinio con deportistas clasificados ou en fase de clasificación para os Xogos de Tokio 2020 e participantes nas edicións anteriores dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos, para que participen en campañas de prevención e sensibilización fronte a violencia de xénero.
O Presidente da Xunta de Galicia, no ao acto de inauguración da sede desta entidade, agradeceu o labor de todas as institucións que nos nosos días seguen traballando pola diáspora galega, asegurando que Galicia seguirá sendo solidaria cos seus emigrantes como eles o foron ao contribuír desde a emigración ao desenvolvemento da comunidade.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello aprobou unha orde de axudas nos centros de investigación das Universidades galegas para o período 2019-2022, o que significa o maior investimento público realizado ata o de agora no sistema científico universitario galego e suporá un salto cualitativo e cuantitativo no impulso do que son os maiores axentes científicos de Galicia.
O presidente da Xunta visitou o Centro Gallego da cidade arxentina de Comodoro Rivadavia, onde anunciou que este Xacobeo vai ser unha festa sen fronteiras, nunha terra "á que vir e á que volver coa certeza de atopar algo novo".
Agradeceu a este centro case centenario, a sua vocación por ter Galicia presente, cun museo dedicado á emigración galega ou cunha biblioteca con máis de 3.000 volúmes.
O Goberno de Galicia vai destinar preto de 730 millóns de euros durante a próxima década para conseguir un sistema de transporte público que duplique a súa cobertura territorial a través de máis de 3.100 liñas de autobús, ofrecendo aos cidadáns un transporte público eficiente e atractivo, tendo prioridade a cobertura no rural. A Xunta está a traballar no novo Plan de Transporte Público de Galicia, que reordenará e modernizara o sistema de transporte público de viaxeiros por estrada, con máis de 61 millóns de quilómetros de servizos de autobús cada ano, o que suporá máis que duplicar a cobertura territorial existente hai 3 anos, cando se iniciou esta renovación cos posta en marcha da 1ª fase.
Un total de 21 núcleos de poboación de toda Galicia, que corresponden a unha vintena de concellos, amosaron xa o seu interese por converterse en aldeas modelo fronte os incendios forestais. Osmo, no municipio ourensán de Cenlle, foi declarada como a primeira aldea modelo de Galicia, e unha vez feita a tramitación previa e conseguida a autorización de todos os propietarios, empezan agora os labores de limpeza. En concreto, nesta aldea limparanse arredor de 30 hectáreas para protexer os veciños dun posible lume forestal e farase por última vez, xa que o obxectivo é crear actividade agrogandeira para evitar ter que desenvolver estes traballos cada ano, de forma que se cree unha devasa natural fronte os incendios.
Preto de 300 participantes recrearon un ano máis en Santiago de Compostela os entroidos galegos no tradicional desfile de verán nas rúas do casco vello no que puideron amosar a autenticidade, variedade e riqueza desta tradición. Na edición deste ano participaron entroidos recoñecidos como festa de Interese Turístico como o de Xinzo de Limia, cos pantallas, que se estreaban neste desfile sendo o primeiro ano que participan en Santiago tras o recoñecemento de Interese Turístico Internacional. Tamén participaron representantes de Verín, cos cigarróns, que conta coa declaración como festa de Interese Turístico Nacional, mentres que outros sete son de Interese Turístico de Galicia. Trátase de Viana do Bolo, Cobres, os Xenerais da Ulla, e Vilariño de Conso, cos boteiros.
Galicia gañou un total de 12.391 habitantes grazas aos movementos migratorios do ano 2018, o que supón un incremento do 85% respecto ao ano anterior, segundo reflicte a explotación de movementos migratorios publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No ano 2018, a chegada de inmigrantes a Galicia ascendeu a 42.757 persoas. Esta cifra superou amplamente o número de emigracións, que se situou en 30.366 persoas. Os datos do IGE publicados hoxe indican que Galicia rexistrou en 2018 saldo migratorio positivo por terceiro ano consecutivo, cun incremento do 85% en comparación co saldo migratorio do ano 2017, que foi de 6.683 persoas. Ademais, é o maior saldo migratorio positivo que rexistra Galicia desde o ano 2008.
O Concello seleccionou as propostas este ano a través dunha convocatoria á que se presentaron 80 ideas. Packami, Quilling, Scrapbooking, Crafty, guitarra, baile, teatro, fotografía e animación son algunhas delas. Comezarán en outubro e incluirán o 2º Festival Urbano Cidade de Ourense. O Laboratorio de ideas xuvenís posto en marcha pola Concellería de Xuventude recolleu a través dun procedemento aberto un total de 80 propostas de actividades.
Turismo de Galicia realizará unha achega de 50.000 euros para a elaboración desta folla de ruta que contemplará un análise da situación do turismo de saúde no mundo, un diagnóstico deste segmento turístico en Galicia así como actuacións de promoción para o seu impulso.
A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 36% tanto o orzamento total da convocatoria como a contía da axuda que percibirá cada un dos beneficiarios. As axudas forman parte do proceso de internacionalización de estudantes do SUG posto en marcha no curso 2011-2012.
Os viaxeiros procedentes de Irlanda medraron un 24,29% no primeiro cuadrimestre do ano en relación ao mesmo período de 2015 con 5.367 visitantes. Os periodistas convidados coñecerán de primeira man os reclamos turísticos da Comunidade e plasmarán a súa experiencia en varias reportaxes.
A LII Festa do Polbo de O Carballiño é un dos 11 festexos declarados de interese turístico nacional que se suma ás máis de 100 de tipo autonómico e ás 9 de carácter internacional. O xeodestino de Ourense rexistrou 108.000 visitantes e 200.000 pernoitas no primeiro semestre do ano, un 17% e un 22% máis que en 2015.
A proposta cultural pódese visitar en agosto na Fundación Eugenio Granell e contará con preto de 200 produtos artesanais de 46 talleres de toda Galicia. A iniciativa enmárcase dentro do programa Artesanía de Galicia. O teu camiño, que tamén inclúe dúas exposicións e a celebración de obradoiros profesionais e para toda a familia.
Cífrase en 122.400 euros a colaboración do Goberno galego con este comedor social en 2015, o que representa un aumento de máis do 30% desde o ano pasado e un 66% desde 2009. A axuda enmárcase na Axenda Social Única de Galicia asinada entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e a Rede Galega de Loita contra a pobreza e a exclusión.
A actividade, organizada pola universidade compostelana co apoio de Turismo de Galicia, é parte da programación especial do Ano Xubilar Extraordinario da Misericordia. O curso reúne a importantes expertos de diversas universidades e entidades europeas ata o 22 de xullo.
Os reitores das Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, asinaron o acordo de intencións para a posta en marcha deste título cuxo contido tamén é pioneiro a nivel estatal e constitúe un exemplo de aproveitamento de sinerxías a prol da universidade do futuro con titulacións únicas, singulares e adaptadas ao tecido económico e social galego. Sitúase a paisaxe na axenda social galega.
A portavoz nacional, Ana Pontón, anunciou que o BNG incluirá no seu programa electoral a elaboración dunha Lei galega de recuperación da memoria histórica que permita homenaxear as 4.000 vítimas, homes e mulleres, que foron reprimidos e asasinados no franquismo cos que o país ten unha débeda moral e política.