Noticias

Arranca o proceso de acreditación dos campus universitarios baseado na especialización e no fomento da investigación

Esta acreditación suporá un recoñecemento ao proceso de transformación levado a cabo desde as universidades par acadar os obxectivos de maior especialización, compactidade e calidade da docencia e da investigación. Trátase dun proceso aberto no tempo ao que cada universidade se pode presentar cando considere oportuno e que culminará coa sinatura dun convenio economicamente dotado en función da proposta que faga a propia universidade así como do informe dos expertos que participan no proceso. O “Programa de Especialización dos Campus do SUG” foi lanzado no ano 2013 co obxectivo de promover a especialización e diferenciación dos campus a través da colaboración estratéxica e do aproveitamento das potencialidades económicas das contornas máis próximas.

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de abrir o procedemento de acreditación dos Campus de Especialización do Sistema Universitario Galego (SUG), o primeiro proceso deste tipo que arranca no conxunto do Estado co fin de impulsar unha organización territorial tendente a unha maior especialización, o impulso do labor de investigación e a mellora da calidade da docencia.

Esta acreditación impulsada polo departamento que dirixe Carmen Pomar suporá un recoñecemento ao proceso de transformación levado a cabo desde as universidades par acadar os obxectivos de maior especialización, compactidade e calidade da docencia e da investigación. Tal e como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia, trátase dun proceso aberto no tempo ao que cada universidade se pode presentar cando considere oportuno e que culminará coa sinatura dun convenio economicamente dotado en función da proposta que faga a propia universidade así como do informe dos expertos que participan no proceso.

O “Programa de Especialización dos Campus do SUG” foi lanzado no ano 2013 co obxectivo de promover a especialización e diferenciación dos campus a través da colaboración estratéxica e do aproveitamento das potencialidades económicas das contornas máis próximas.

Este Programa -que supuxo un investimento total de máis de 16,2 millóns de euros entre os anos 2013 e 2018- permitiu o desenvolvemento de 8 proxectos con distintos graos de evolución que foron os Campus Industrial (Ferrol), Campus Innova e Campus da Sustentabilidade (A Coruña), todos eles da Universidade da Coruña (UDC); o Campus Terra (Lugo) e o da Cidadanía (Santiago), da Universidade de Santiago de Compostela (USC); e o Vigo Tecnolóxico (Vigo), o Campus Auga (Ourense) e o Campus Crea (Pontevedra), todos eles na Universidade de Vigo (UVigo).

Procedemento

Unha vez superada a fase inicial de deseño e posta en marcha dos mencionados campus de especialización, a Consellería dá un paso nesta transformación habilitando un proceso de acreditación no que deberán participar todos os campus, a través do cal se comprobará se a estratexia se adecúa ao logro dos obxectivos fixados e se deseñarán as futuras actuacións que permitan afondar no proceso de especialización no período 2019-22.

Un Comité de Avaliación constituído por expertos externos ao Sistema Universitario Galego será o encargado de analizar a documentación remitida polas universidades, manter reunións directas cos responsables dos Campus e elaborar os informes de avaliación correspondentes.

En base a ditos informes a Consellería de Educación -a través da Secretaría Xeral de Universidades- resolverá a concesión da acreditación coa cualificación obtida que poderá ser ben para o período 2019-2022, ben para o período 2019-2021 suxeito a obriga de presentar un informe de progreso intermedio sobre o avance do plan operativo; ou ben que non supera o proceso de acreditación.

Este procedemento de acreditación implica que cada Universidade achegue documentación específica sobre cada Campus de Excelencia onde se identifique, entre outros, liñas de especialización no ámbito da docencia (relación de títulos de grao, mestrado e doutoramento vencellados directamente a esa especialización), de investigación (relación das estruturas de investigación como grupos, institutos, centros de investigación e outras estruturas supragrupais), ou alianzas estratéxicas con empresas e institucións.

Así mesmo deberán presentar un informe de autoavaliación (que inclúa indicadores sobre organización e gobernanza, estratexia, docencia, investigación, interacción co tecido produtivo e información pública e transparencia), un plan operativo e un plan de viabilidade económica para o período 2019-2022.

R., 2019-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES