
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou e valorou a xestión de Ospaña e o seu compromiso para garantir a sanidade a todos os galegos de Arxentina, adaptándose aos novos tempos do país e ás necesidades do momento.
Unha xestión visible a través da atención completa aos seus afiliados e que foi capaz de conxugar a solidariedade, coa produtividade que garanten os máis de 70.000 afiliados cos que xa conta Ospaña, e que son os que optimizan o rendemento da organización.
Non é nada fácil ofrecer cobertura sanitaria a máis de 70.000 persoas e é moito máis difícil ofrecer unha cobertura sanitaria aos maiores, e máis de 4.000 persoas desas 70.000 teñen máis de 65 anos, precisou.
Unha responsabilidade que intentamos practicar coas distintas intensidades que son necesarias, dixo, referíndose á colaboración con entidades para que poidan dar un bo servizo per se, tal e como ocorre no caso de Ospaña; ou ás axudas directas aos propios emigrantes, como as axudas sociosanitarias e asistenciais das que se beneficiaron máis de 31.400 galegos nos últimos tres anos.
E, igualmente, colaboramos co retorno cando queren volver temporal ou permanentemente e non poden por si solos, engadiu.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico incidiu en que os emigrantes galegos foron capaces de ser solidarios sempre, e fixérono non só apoiándose uns a outros persoalmente, senón desde o punto de vista colectivo creando institucións que naceron no século XX, pero que foron evolucionando para ser referente neste século XXI, dixo.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.