
O vicepresidente da Xunta destacou que con este investimento, un 66% maior que na anterior convocatoria en termos relativos, avánzase na consolidación dunha estrutura de I+D+i máis forte e competitiva no ámbito estatal e europeo.
Nesta mesma liña, Rueda explicou que deixan de existir as dúas escalas que viñan definidas desde o ano 2016 (centros singulares de investigación e agrupacións estratéxicas), para integrarse nunha única escala de centros de Investigación.
Ademais, esta convocatoria pretende atraer talento e mellorar a posición das universidades nas clasificacións internacionais. A partir dese dobre obxectivo, establécese un procedemento regrado para a acreditación, estrutura e mellora dos centros de investigación. Deste xeito, a partir de agora, para optar a este financiamento, os centros deberán someterse a un proceso de avaliación estandarizado que levarán a cabo recoñecidos expertos alleos ao sistema galego. Nesa avaliación, teranse en conta aspectos como a captación, formación e retención de talento; a investigación de referencia competitiva e a captación de fondos competitivos de centros nacionais e internacionais.
En base ao resultado dese procedemento, o financiamento pode variar entre un máximo de 1 millón de euros e un mínimo de 500.000 euros por centro, en función da cualificación obtida nesa avaliación.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.