Notas de prensa

Medran por 2º ano consecutivo as axudas a universitarios para intercambios con países extracomunitarios

A Consellería de Cultura e Educación incrementa nun 36% tanto o orzamento total da convocatoria como a contía da axuda que percibirá cada un dos beneficiarios. As axudas forman parte do proceso de internacionalización de estudantes do SUG posto en marcha no curso 2011-2012.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia do martes 26 de xullo a convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema Universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2016-2017; unha acción que ten como obxectivo favorecer o intercambio internacional dos estudantes. Isto permite aos alumnos integrarse nunha comunidade internacional o que é moi positivo para o seu currículo e para a súa posterior incorporación ao mundo laboral

Este é o segundo ano consecutivo no que se incrementa, concretamente nun 36%, tanto o orzamento xeral da convocatoria como a contía que cada un dos bolseiros percibirá. Así, o total previsto para estas axudas ascende a 210.000 euros - fronte aos 154.000 do curso anterior-, dos que cada beneficiario poderá acceder a un máximo de 1.500 euros de axuda - fronte aos 1.100 da convocatoria anterior-.

Deste xeito, poderán acceder ás axudas ata 140 estudantes que ao longo do curso 2016-2017 participen en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa "Erasmus+", relacionados cos estudos que está a cursar. Co fin de premiar o esforzo e a excelencia, o expediente académico será o único criterio para a concesión da axuda.

Os requerimentos e prazos poden consultarse no enlace http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160726/AnuncioG0164-120716-0001_gl.html
Internacionalización do SUG

O obxecto do programa, que se puxo en marcha por primeira vez no curso 2011-12, é apoiar economicamente ao alumnado das universidades galegas e centros asociados da UNED en Galicia que participan nun programa de mobilidade autorizado pola súa universidade en países extracomunitarios, o que redunda na internacionalización do SUG.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES