
O Goberno galego apoia a posta en marcha do primeiro grao interuniversitario de Galicia, o grao de Paisaxe, que foi presentado nun acto no que interviñeron o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez; e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.
Os reitores das Universidades de Santiago de Compostela e da Coruña, Juan Viaño e Julio Abalde respectivamente, veñen de asinar o acordo para o deseño e implantación desta titulación que por primeira vez se poñerá en marcha de forma conxunta entre dúas universidades galegas. Ademais, será o primeiro Grao especializado en paisaxe no sistema público español.
O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, sinalou que con este acordo de colaboración entre universidades supón un importante salto cualitativo no deseño da universidade do futuro en Galicia, que pasa por aproveitar as sinerxías a través da cooperación, da coordinación e da unión, como xa xe vén facendo noutros eidos como o da docencia clínica do grao de Medicina, ou o futuro Consorcio Interuniversitario.
O conselleiro destacou que, con este Grao en Paisaxe, se avanza no novo mapa de titulacións únicas, singulares e adaptadas á evolución do tecido económico e social de Galicia e á especialización dos campus. Román Rodríguez subliñou que se trata dunha titulación perfectamente integrada na nosa realidade que abrangue unha formación multidisciplinar (biolóxica, paisaxística, de ordenación do territorio, debuxo artístico, botánica,
) que, sen dúbida, contribuirá a poñer en valor as potencialidades da paisaxe galega e, por ende, incidir na mellora da calidade de vida e dun mellor desenvolvemento económico e social.
Lembrou ademais que Galicia está a vangarda nesta materia porque, a maiores do eido universitario, tamén foi a primeira CCAA en ofertar a materia de Paisaxe como materia de libre elección para o alumnado de ESO.
Pola súa banda, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, considerou que este grao constitúe un paso fundamental para situar a paisaxe no lugar que merece, tanto no mundo educativo como na axenda social.
Ao respecto, recordou que a Xunta está desenvolvendo un marco normativo e unhas ferramentas eficientes que estean á altura da maior concienciación e sensibilización social nesta materia. Entre outros avances, citou a nova Lei do Solo, que recolle a protección da paisaxe como un dos seus eixos principais; ou a elaboración do primeiro Atlas das Paisaxes de Galicia, que constituirá un importante instrumento para a ordenación, mellora e restauración dos elementos que compoñen o territorio. No marco deste Atlas, Mato recordou que o Catálogo das Paisaxes será aprobado de maneira definitiva antes do final de mes, e que xa se está traballando no primeiro borrador das Directrices. En representación da Deputación da Coruña asistiu ao acto o alcalde de Pontedeume, Bernardo Fernández Piñeiro.
Un total de sete departamentos da Escola Técnica Superior de Arquitectura (UDC), da Escola Politécnica Superior (USC) e da Facultade de Xeografía e Historia (USC), están traballando xa nos pasos necesarios para facer realidade a impartición deste título de grao, que se prevé que se poderá ofertar no curso 18-19.
O acordo asinado deberá ser ratificado polas xuntas de goberno das respectivas universidades, que é o primeiro paso para a creación de calquera grao universitario. Unha comisión académica paritaria elaborará a memoria do título e, tras pasar polos procedementos habituais de cada universidade, será sometido a informe da Secretaría Xeral de Universidades.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.