Notas de prensa

Turismo de Galicia colabora con Spaincares no Plan de turismo de salud e termal en Galicia 2016-2019

Turismo de Galicia realizará unha achega de 50.000 euros para a elaboración desta folla de ruta que contemplará un análise da situación do turismo de saúde no mundo, un diagnóstico deste segmento turístico en Galicia así como actuacións de promoción para o seu impulso.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asinou un convenio de colaboración co vicepresidente do Clúster Español de Turismo de Salud, Spaincares, Miguel Mirones, para a realización e posta en marcha do Plan de Turismo de Salud e Termal en Galicia 2016-2019. O acto, que tivo lugar no Balneario de Compostela, estivo presidido polo Conselleiro de Sanidade, Joaquín Vázquez Almuíña.

A través do dito acordo Turismo de Galicia realizará unha achega de 50.000 euros para a elaboración desta folla de ruta que contemplará un análise da situación do turismo de saúde no mundo, un diagnóstico deste segmento turístico en Galicia así como actuacións de promoción para o seu impulso.

Deste xeito, nunha primeira estanza, o Plan identificará os mercados emisores e receptores de turismo de saúde actuais no mundo, en España e en Galicia, describirá os modelos de certificación de calidade dos servizos a nivel internacional e ofrecerá unha descrición dos servizos demandados na actualidade e os factores na toma de decisión por parte dos usuarios.

Así mesmo, presentará unha estratexia de posicionamento e captación de turistas de saúde que incluirá os obxectivos estratéxicos e propostas de proxectos e actuacións a desenvolver no destino.

Este estudo de tendencias permitirá, ademais, trasladar ás potenciais empresas unha visión competitiva do mercado dentro dun marco de internacionalización do sector en España.

Pola súa parte, o diagnóstico de turismo de saúde en Galicia identificará os recursos e servizos que conformarán a oferta global de turismo de saúde e termal da nosa comunidade e os produtos turísticos consolidados que complementen esta oferta para o futuro desenvolvemento de paquetes turísticos.

Así mesmo, presentará un análise da demanda potencial e identificará e priorizará os mercados emisores para o destino Galicia así como os canles de comercialización presentes no mercado na actualidade.

Toda esta información facilitará unha batería de oportunidades de posicionamento que Galicia poderá dispoñer a partir das capacidades e potencialidades que presenta o mercado e mostrará as liñas estratéxicas, as accións e as medidas complementarias que deberán poñerse en marcha ao obxecto de converter a Galicia nun referente en Turismo de saúde.

Por último, o estudo se completará co deseño de actuacións de promoción do turismo de saúde en Galicia a nivel tanto nacional como internacional e unha proposta de posicionamento online para a comercialización de produto.

Durante o acto, o conselleiro de Sanidade destacou a gran variedade e riqueza das augas mineiro medicinais coas que contamos en Galicia, que constitúen un enorme potencial turístico e social. Somos líderes neste sector, dixo, e temos a mellor asistencia e o entorno máis saudable. Non podemos desaproveitar esta potencialidade e por iso resulta oportuno o obxecto do convenio hoxe asinado, remarcou.

Tamén lembrou Almuiña que promover a saúde e o benestar dos individuos é un obxectivo da Consellería de Sanidade. Unha das formas de conseguilo é a través do turismo de saúde. Polo tanto, non podemos máis que apoiar convenios como o que hoxe se presenta.

Segundo o responsable da carteira sanitaria do Executivo galego, hai que apostar pola prevención da enfermidade, pola promoción da saúde e pola mellora do estado dos xa enfermos, reducindo as súas secuelas.

Pola súa parte, a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, afirmou que o convenio constitúe un gran avance na consolidación de Galicia como destino turístico de saúde e unha acción máis que demostra a firme aposta da Xunta de Galicia polo turismo termal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-07-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES