
Nun acto de lembranza organizado polo Bloque ante a sede do Teatro Rosalía da Coruña, polo seu simbolismo como lugar en defensa da legalidade tras o golpe fascista do 18 de xullo, Pontón reivindicou o dereito a verdade e a reparación para que nunca máis vexamos ao fascismo, porque hoxe esa pantasma tamén percorre Europa baixo novas facianas, advertiu.
Ana Pontón, Avia Veira, Begoña Gómez e Anxela Franco no acto en lembraza das vitimas do franquismo
Pontón comprometeu que BNG vai seguir traballando para que en Galiza teñamos unha Lei galega de recuperación da memoria histórica, unha lei que se poña do lado das vítimas e da verdade, que garanta o acceso a todos os arquivos, axudas para as asociacións da memoria histórica, que apoie a investigación dos crimes do franquismo e a localización das fosas comúns.
En definitiva, subliñou a dirixente nacionalista, acadar unha Lei galega da memoria histórica que acabe coa lousa que nos impuxo o señor Feijóo, responsable do paso atrás destes sete anos na recuperación da nosa memoria, pechando todas as axudas, todas as portas. Cos seus feitos púxose do lado dos que cometeron os crimes da ditadura, do lado dos que non queren que coñezamos a verdade.
O Bloque louvou o traballo da sociedade civil que con moi pouco recursos mantén erguida a bandeira da dignidade das vítimas e do non esquecemento, ao que o BNG quere contribuír. Neste sentido, lembrou que foi Francisco Jorquera o primeiro en reclamar no Congreso cambios para que a Lei de amnistía non se convertese na base da impunidade á hora de investigar os crimes do Franquismo.
Pontón denunciou o feito vergoñento dun Estado español que persiste en cubrir a verdade co silencio que se plasma en xuízos sen revisar, na desmemoria e no medo a participar en liberdade que aínda existe. A dirixente do Bloque fixo fincapé na feroz represión que o fascismo aplicou en Galiza, moi máis forte que noutras partes do Estado, con máis de 4.000 persoas desaparecidas, ao que se suman os milleiros que marcharon ao exilio.
Cunha nutrida participación, o acto arrancou coa presentación da portavoz municipal, Avia Veira, que salientou o papel de miles de veciños e veciñas anónimos da Coruña para facer valer a liberdade e a democracia. A historiadora Begoña Gómez Amigo fixo un relato dos feitos nos primeiros días do levantamento que, parafraseando a Celso Emilio, deu paso a unha longa noite de pedra. Ánxela Franco, deputada provincial, denunciou o xenocidio do pobo galego, e reivindicou o dereito a coñecer a nosa propia historia.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.