Noticias

O Gaiás reúne a Jaime Altozano e a ‘El Barroquista’, dous divulgadores culturais que triunfan nas redes sociais

A Cidade da Cultura organiza para o vindeiro sábado 23 de novembro #CulturaLike, unha xornada que reunirá no Gaiás dous divulgadores culturais que están a triunfar nas redes sociais cos seus contidos: Jaime Altozano, con máis de dous millóns de seguidores, e o galego Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido como El Barroquista, con máis de 40.000 só na canle de Twitter. Esta xornada amosará como os contidos culturais tamén espertan o interese dunha audiencia de masas e tamén son capaces de converterse en trending topic nas redes sociais. O encontro busca demostrar como estas ferramentas en liña poden servir de aliadas perfectas para difundir a arte fóra dos espazos museísticos, rachando coas canles de acceso tradicionais e permitindo espallar e democratizar sen lindes físicos ou académicos contidos e coñecementos culturais.

Deste xeito, no encontro estará un dos máis destacados divulgadores culturais en lingua hispana en Internet, Jaime Altozano (Madrid, 1993). Conta con máis de dous millóns de seguidores nas diferentes redes sociais e rexistra máis de 100 millóns de visualizacións acumuladas na súa canle de Youtube. Compositor e produtor musical, ten colaborado como creador de contidos divulgativos con institucións como a Universidad Politécnica de Madrid ou Teatro Real e con diferentes medios de comunicación.

En Galicia tamén hai influencers culturais cunha forte pegada e seguimento en Twitter, como é o caso de Miguel Ángel Cajigal, máis coñecido por El Barroquista. A conta de Twitter deste licenciado en Historia da Arte e diplomado en Estudos Avanzados da Música pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) rexistra máis de 40.000 seguidores. Director do Máster de Educación en Museos y Espacios Culturales da Universidad Miguel de Cervantes (Valladolid) tamén colabora como divulgador cultural no programa Galicia por Diante da Radio Galega e forma parte do Servizo de Educación, Mediación e Atención ao visitante da Cidade da Cultura.

Da man destes dous destacados creadores de contidos culturais nas redes sociais, os e as participantes en #CulturaLike terán a oportunidade de coñecer as claves dos novos relatos da cultura en Internet; a potencialidade da súa difusión en liña; e as importancia do seu deseño para facilitar a súa comprensión e acadar un maior impacto.

Caso práctico: ‘Galicia, un relato no mundo’

Todos e todas as participantes traballarán tamén cun caso práctico, os contidos de Galicia, un relato no mundo, a primeira das tres grandes exposicións que a Xunta de Galicia realiza no Museo Gaiás da Cidade da Cultura dentro da programación do Xacobeo 21.

Deste xeito, deberán realizar as súas propias achegas divulgativas ao redor desta mostra, que exhibe por primeira vez en Galicia destacada pezas de alto valor simbólico para a historia e cultura do noso país e que se atopan en prestixiosas institucións museísticas en diferentes recunchos do planeta.

Ti tamén podes facer #CulturaLike

Precisamente, convidaráselles ás persoas que se inscriban en #CulturaLike a participar na proba práctica Ti tamén podes facer #CulturaLike, na que poderán amosar os coñecementos adquiridos e as súas habilidades na construción de contidos e relatos en liña con esta grande exposición do Museo Centro Gaiás e nunha destas catro redes sociais: Twitter, Instagram, Facebook ou Youtube.

A publicación en cada unha destas canles da persoa que máis interaccións reciba ata o 31 de decembro recibirá como agasallo unha visita privada para el e para un acompañante con El Barroquista, quen lles ensinará a catedral de Santiago. Esta experiencia suporalles a descuberta dun xeito diferente desta obra mestra da arte románica mundialmente recoñecida e de espazos que, de seguro, nunca antes se tiñan fixado co detemento e ollada deste especialista. A visita comentada incluirá o Arquivo da catedral e o soberbio Pórtico da Gloria, recentemente restaurado para recuperarlle a súa policromía orixinal.

R., 2019-11-06

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-ouyeah-2026.jpg) A edición 2026 artéllase arredor dun formato expandido, con varias datas e localizacións ao longo da provincia, convertendo cada encontro nunha peza dun ecosistema cultural máis amplo. O 6 de xuño, en Expourense será a cita inaugural co rock lendario de Loquillo, o magnetismo vintage de Kitty, Daisy & Lewis e o fenómeno galego do momento, The Rapants. O 31 de xullo, na Praza da Veracruz do Carballiño a banda Burning, ofrecerá un concerto gratuíto; e o 4 de outubro, no Pazo de Deportes Paco Paz, o festival culminará o regreso de Luz Casal a Ourense. Loquillo, icona indiscutible do rock estatal con case cinco décadas de traxectoria, chega en plena xira do seu último traballo Corazones Legendarios, cun directo que revisita os grandes éxitos dunha carreira tan influente como extensa.
Foto de la tercera plana (emprego_4.jpg) Galicia pechou o primeiro trimestre deste ano con máis poboación empregada que hai un ano. Neste sentido, os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) publicados hoxe e relativos ao primeiro trimestre deste ano reflicten unha suba de 28.000 persoas ocupadas en relación ao ano pasado, lixeiramente superior á do conxunto do Estado e acadando, con 1.178.100, a cifra máis alta nun primeiro trimestre desde 2008. Ademais, a comunidade rexistra a maior taxa de emprego (49,30) nun primeiro trimestre en 18 anos e unha taxa de paro menor (8,96) que no conxunto de España (10,83). Ademais, as taxas galegas de paro feminino (9,51) e xuvenil (24,30) tamén son máis baixas que no conxunto do Estado.

Notas

Un estudo realizado por persoal investigador do grupo de Neurobioloxía Celular e Molecular da Enfermidade de Parkinson do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS) e da Universidade de Cambridge, coa colaboración doutras institucións europeas como o Instituto Karolinska, propón unha nova forma de entender como se dana e tamén como se repara o cerebro.
Protección fronte as estafas; patrimonio artístico; impostos; ou intelixencia emocional e saúde física son algúns dos contidos aos que, entre os meses de abril e xuño, poderá achegarse a poboación maior de 50 anos dos 11 concellos galegos aos que chegarán este curso as Mareas de Coñecemento. Este proxecto itinerante de formación universitaria naceu ao abeiro do Programa de Maiores (PUM) da UVigo no ano 2018.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES