Noticias

Un amplo programa de actividades de concienciación celebrará a Semana Europea da Prevención de Residuos

As actividades programadas no marco desta semana galega da prevención comezaron xa durante a fin de semana, coa XLIII Carreira popular de San Martiño, en Ourense, dentro da campaña Separar con Xeito, que busca fomentar entre a cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como unha oportunidade para conseguir beneficios ambientais e económicos a través dunha correcta separación e reciclaxe dos mesmos. Ao longo dos próximos días celebraranse tamén talleres formativos no marco do Programa de compostaxe escolar, unha iniciativa pioneira que arrancou a comezos deste curso.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a desenvolver un programa especial de actividades de concienciación con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos, que terá lugar entre os días 16 e 24 de novembro. Numerosos centros escolares e municipios de Galicia serán os escenarios nos que terán lugar as actuacións previstas, encamiñadas sobre todo a promover a educación ambiental e pautas para unha correcta xestión dos residuos.

As actividades programadas no marco desta semana galega da prevención comezaron xa durante a fin de semana, coa presenza da Consellería na XLIII Carreira popular de San Martiño, en Ourense, dentro da campaña Separar con Xeito, que busca fomentar entre a cidadanía as boas prácticas no tratamento dos residuos como unha oportunidade para conseguir beneficios ambientais e económicos a través dunha correcta separación e reciclaxe dos mesmos.

Ao longo dos próximos días celebraranse tamén talleres formativos no marco do Programa de compostaxe escolar, unha iniciativa pioneira que arrancou a comezos deste curso nunha trintena de centros de Infantil e Primaria da comunidade co obxectivo de ensinarlles aos nenos a separar os residuos orgánicos que se xeran nos seus comedores e a reutilizalos despois en forma de abono nos hortos existentes nos seus propios colexios.

O xoves 21 desenvolverase tamén unha xornada formativa dentro do Proxecto demostrativo de compostaxe comunitaria dirixida a núcleos rurais, co que, ademais, se busca a implicación de grandes xeradores de residuos orgánicos asimilables aos domésticos.

Con este proxecto, que acaba de comezar a andar no concello lucense de Mondoñedo, preténdese fomentar a xestión descentralizada da fracción orgánica nas áreas rurais, involucrando tamén a supermercados e outros produtores importantes de materia orgánica de ámbito local para aumentar os índices de recollida separada dos chamados biorresiduos.

Ademais, mañá celebrarase unha xornada de portas abertas dirixida a escolares dentro do proxecto piloto destinado á reparación e ao intercambio de aparellos, obxectos e materiais que se está a desenvolver no Centro Ocupacional de Discapacitados (CODI) do Concello de Valga (Pontevedra). Este edificio alberga tres espazos onde se reparan mobles de madeira, materiais téxtiles e pequenos electrodomésticos. Nesta xornada, os escolares da zona gozarán tamén dun taller de transformación téxtil adaptando as súas necesidades.

R., 2019-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES