//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
A comunidade galega reciclou en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, polo que Galicia supera por primeira vez en 2019 a recollida de 50.000 toneladas de vidro a través do contedor verde. Grazas a depositar unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3 kg/hab, superando a media do conxunto do Estado. Comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn). En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente.
Galicia rexistra oito novos casos positivos de infección por coronavirus confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía. Con estes, son xa un total de 13 os casos confirmados na nosa comunidade (oito na Coruña, catro en Vigo e un en Ourense). O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, destacou hoxe en rolda de prensa que Galicia continúa cunha das taxas máis baixas de casos confirmados con 0,44/100.000 habitantes. Almuiña sinalou que Galicia mantén dende o primeiro momento unha vixiancia permanente a través da rede hospitalaria, atención primaria e 061 para detectar posibles casos e intervir inmediatamente na contención do coronavirus.
Galicia acaba de despedir o febreiro máis caloroso das últimas décadas. Esta é unha das principais conclusións do avance do informe climatolóxico de MeteoGalicia, que conclúe que, en xeral, foi un mes seco e moi cálido no conxunto da comunidade se o comparamos co período histórico que se utiliza como referencia. A frecuencia das situacións anticiclónicas foi a tónica xeral durante todo o período, o que impediu a entrada das baixas presións atlánticas e explica os elevados rexistros das temperaturas, máis elevadas que a media climática propia de febreiro. Esta anomalía detectouse tanto nas máximas como nas mínimas, moi cálidas en ambos casos e que, de feito, non baixaron dos 0 graos en ningún punto da comunidade.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe en rolda de prensa do Consello da Xunta, do investimento de case 2 millóns de euros en material para os hospitais galegos para estar preparados para ofrecer a mellor atención e reducir as posibilidades de contaxio do coronavirus. Ademais de facer un chamamento á tranquilidade, Feijóo incidiu en que estamos alertados, non alarmados, como indican os especialistas. Ante esta situación, a Xunta adquiriu novo equipamento para os hospitais galegos. Boa parte dese material xa chegou aos centros hospitalarios e o resto estará no seu destino nos próximos días.
As análises realizadas no Servizo de Urxencias do CHUAC, e confirmadas polo Centro Nacional de Microbioloxía, a un paciente procedente de Madrid confirman a infección por coronavirus dunha persoa que se atopa illada no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade. Este é primeiro caso positivo confirmado en Galicia. Trátase dun home de 49 anos, procedente de Madrid, que se presentou con sintomatoloxía respiratoria no servizo de urxencias do CHUAC e ao que se lle solicita a proba de diagnóstico de COVID-19 ante a presenza dunha neumonía bilateral nun contexto clínico de infección vírica.
A Cidade da Cultura pon en valor o labor das redeiras cunha exposición fotográfica aberta ao público desde hoxe e que forma parte da programación do Gaiás vencellada ao Día Internacional da Muller, que se conmemora o 8 de marzo. 'Redeiras. Unha profesión con historia' é unha mostra itinerante da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao e que xa foi exposta con anterioridade en Cariño, Cangas do Morrazo e Malpica de Bergantiños. Está composta por 25 fotografías, realizadas pola comisaria Xela Rodríguez, que foron tomadas en tres localidades galegas vencelladas ao mundo do mar para reflectir os procesos artesanais deste oficio e para darlle visibilidade o labor das mulleres no sector pesqueiro, ao mesmo tempo que para empoderalas.
A Amtega vén de publicar os gañadores dos concursos de debuxo e microrrelatos lanzados o pasado mes de decembro para contar coas achegas dos máis novos no proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030. Estes certames congregaron a participación de 42 centros educativos das catro provincias galegas e contouse coa implicación de máis de 50 docentes que desenvolveron un papel fundamental para a participación do seu alumnado, entregando 333 traballos. Na fase de votacións os internautas podía darlle o seu gústame ás composicións preseleccionadas polo xurado.
A Consellería de Sanidade vén de poñer a disposición da cidadanía galega o teléfono 900 400 116, para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número gratuíto, pódense resolver todas as dúbidas que as galegas e os galegos teñan ao respecto. En calquera caso, o departamento sanitario galego lembra que para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volvesen de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, recoméndase non acudir directamente ao hospital ou centro de saúde, senón contactar telefonicamente co 061.
'Asiste' configúrase como o asistente social no móbil, unha canle telemática de comunicación coa rede familiar de coidadores, que poderán monitorizar en tempo real os parámetros da actividade, biomedidas e xeolocalizacion da persoa e establecer recordatorios de medicacións, visitas médicas etc. A medida que vaia evolucionando, a aplicación permitirá recibir as avisos e notificacións de procedementos ou recordatorios de citas dos servizos sociais. Para facilitar o uso da aplicación por parte de persoas maiores, Asiste contará cun asistente virtual, que a través de pictogramas e ferramentas de recoñecemento de voz permitirá unha comunicación intuitiva.
Baixo o título 'O camiño cara a neutralidade climática. Superando barreiras financeiras', a exposición centrarase na Estratexia Galega de Cambio Climático e Enerxía, aprobada pola Xunta o pasado outubro e na que se define o marco de actuación a medio e longo prazo co obxectivo de converter a Galicia nunha rexión climaticamente neutra en carbono antes do ano 2050. Este horizonte equipara á comunidade con outras nacións punteiras na loita contra o cambio climático, como é o caso de Suecia, Francia, Costa Rica ou Nova Zelanda e vai na liña dos obxectivos das autoridades comunitarias para que Europa se converta no primeiro continente neutral en carbono.
Para conmemorar o 30 aniversario da entrada de Portugal e España na UE, ambos países agasallaron aos líderes europeos cun xantar de traballo en Bruxelas preparado polo galego Pepe Solla que elexiu pescada con allada como prato principal. Trátase dunha iniciativa pioneira neste tipo de eventos políticos.
Inclúe 17 actividades belenísticas por toda a Comunidade, os mercados de Nadal das grandes cidades e unha oferta cultural e de artesanía. O programa presentado propón 17 actividades belenísticas, como o belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o belén electrónico de Begonte, en Lugo, os dous declarados Festa de Interese Turístico de Galicia.
O Centro cultural José Domínguez Guizán de Begonte, co gallo do Nadal, ven de convocar a XLI edición do Certame de xornalismo BEGONTE E O NADAL, co patrocinio da Xunta de Galicia, para potenciar o espírito nadaleiro e para que se coñezan mellor os actos que con este motivo se celebran en Begonte.
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou solicitar ao Ministerio de Facenda e AAPP, o cofinanciamento mediante axuda da Estratexia Conecta Ourense, para o cal o importe total ascendería a 18.750.000 euros, sendo a axuda solicitada ao Ministerio de 15.000.000 euros, por medio da convocatoria de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, fondos FEDER da Unión Europea.
A Universidade de Santiago de Compostela presenta o seu proxecto de Campus da Cidadanía, no que se integran as diferentes áreas de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas, as Artes e as Humanidades nos campus universitarios de Compostela e Lugo. O proxecto impúlsase baixo o lema: A utopía no horizonte da cidadanía.
Expourense acolle ata o vindeiro xoves 8 de decembro a 17ª edición de Megaxove, que ofrecerá máis de 150 actividades de lecer e deportivas que converterán ó recinto no punto de encontro da mocidade galega. Nunha superficie de 8.000 metros cadrados danse cita 26 expositores entre federacións e clubes deportivos, asociacións culturais e xuvenís de toda Galicia.
A iniciativa pretende ampliar a base social da Federación e concienciar da importancia do apoio da sociedade no proceso de inclusión das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A peza principal da campaña é un spot que xira en torno á evolución persoal dunha persoa coa síndrome de Down.
Trátase dunha petición histórica de Galicia ao Goberno central, que este ano decidiu aceptar este froito entre os produtos elixibles. Este ano hai 400 centros educativos interesados cos que se chegaría a máis de 88.000 estudantes de entre 3 e 16 anos. Comezou esta campaña con actividades lúdico-formativas para concienciar á rapazada da importancia dunha alimentación sa.
Luis Angel de las Heras, bispo de Mondoñedo, será este ano o pregoeiro, o sábado 3 de decembro, desta Festa de Interese Turístico figura xa entre as citas imprescindibles cada Nadal para moitas familias e visitantes, constituíndo, en consecuencia, unha fonte de riqueza económica para o municipio e referente de valores culturais, relixiosos e sociais, según o delegado da Xunta.
O equipo de futbol Sala de Aspnais disputou un partido amistoso co equipo da Garda Civil de Lugo. O encontro celebrouse dentro das actividades programadas con motivo do Cincuentenario da Asociación de Pais e Titores de persoas con Discapacidade Intelectual.