Notas de prensa

A Xunta de Goberno da Deputación aproba solicitar ao Ministerio de Facenda a achega para a Estratexia Conecta Ourense

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou solicitar ao Ministerio de Facenda e AAPP, o cofinanciamento mediante axuda da Estratexia Conecta Ourense, para o cal o importe total ascendería a 18.750.000 euros, sendo a axuda solicitada ao Ministerio de 15.000.000 euros, por medio da convocatoria de Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado, fondos FEDER da Unión Europea.

A Estratexia Conecta Ourense (ECOU), enmarcada no proxecto DUSI (Desenvolvemento Urbano Sostible) Conecta Ourense, pretende conciliar o desenvolvemento industrial e a recuperación económica de espazos sostibles e con calidade ambiental, ademais de impulsar estratexias que fomenten a mobilidade urbana e periurbana.

O proxecto márcase entre as súa prioridades xerar unha contorna urbana cohesionada, integrada e sen barreiras entre os municipios que conforman este espazo metropolitano, e pretende estimular o uso das TICs e a implantación do concepto “Smart” en todos os ámbitos, ademais de xerar un entramado económico e social forte entre a capital ourensá e os municipios limítrofes, apoiado nas potencialidades da zona.

Este proxecto é unha mostra do compromiso de cooperación da Deputación de Ourense na captación de investimentos e proxectos en beneficio dos pequenos concellos, os cales por si mesmos non poderían chegar a eles. Os municipios de: Barbadás, Pereiro de Aguiar, Amoeiro, Coles, Toén, Punxín, San Cibrao das Viñas xunta coa capital ourensá, conforman un espazo metropolitano con grandes potencialidades para o crecemento sostible, forman unha unidade territorial na que se comparten problemas, desafíos e obxectivos, polo que é preciso desenvolver liñas de actuacións coherentes e centradas no impulso medioambiental, económico e social desta área.

A delimitación da área urbana a efectos da estratexia definida estableceuse en función dos problemas urbanos que comparten a cidade de Ourense e os concellos que a rodean. Tendo en conta, así mesmo, as achegas recibidas dos cidadáns, dos axentes sociais e das administracións, co obxectivo de acadar unha área urbana conectada, que integre a todos os habitantes e que impulse o crecemento económico e social. Os oito municipios teñen ante si retos urbanos compartidos cuxa solución pasa por unha actuación conxunta, coordinada e integrada.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Ourense, 2016-12-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES