Notas de prensa

Música, exposicións, audiovisual, teatro e formación fanse perennes no Outono cultural da USC

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.

A proposta busca achegar ao público diferentes formas de entender e vivir a música nun contexto singular e contará, nesta primeira edición, co obradoiro de canto comunitario ‘Pélago, contos oníricos’, con Guadi Galego, ou os concertos de Laura LaMontagne e Abril.

As exposicións terán tamén un papel destacado na programación, con propostas como ‘Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia’, ‘Ponte… nas Ondas! Un modelo para o mundo’ ou ‘Mapas de Oriente Medio (1969–1979)’, de Sven Augustijnen, ademais de mostras vinculadas á creación artística e á fotografía. No ámbito audiovisual, o programa inclúe a proxección do documental interactivo Antes de maio, arredor das revoltas estudantís do 68, e a gravación en directo de ‘O Faiado Podcast’.

Outra das novidades da programación é a incorporación dunha nova oferta formativa en fotografía documental, o curso Narrativa visual, impartido polo Colectivo Ollo, integrado por Vanessa Casteleiro, Óscar Corral e Brais Lorenzo. A proposta súmase á oferta de formación en teatro, danza e música da USC.

O Outono Cultural, que conta co apoio da Deputación da Coruña, complétase coa estrea da produción da Aula de Teatro da USC, o concerto de Nadal da Orquestra e Coro da USC, o Ciclo bicentenario Adalid, diversos certames de música, fotografía e videocreación e diferentes convocatorias de apoio á creación e á participación cultural do estudantado. Con esta programación, a USC aposta por novas formas de achegar a cultura á comunidade universitaria e á sociedade, combinando creación contemporánea, patrimonio, divulgación e formación.

Lugo

Nunha rolda de prensa que se desenvolveu no Pazo de Montenegro, a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio da USC, Ana Cabana, deu conta da programación do Outono Cultural que contará coa música de Laura Lamontagne, o vindeiro 19 de novembro en Lugo. Entre as novidades do Outono Cultural atópase tamén a intervención de High Paw no Microaberto, que ademais impartirá un taller. A presentación do libro Fran Pérez Narf Canto Sentido contará con Quico Cadaval e Pepe Sendón o 18 de novembro. Ademais neste Outono lucense tamén haberá oco para a música clásica con tres concertos que contan co apoio da Sociedad de Artistas Intérpretes o Ejecutantes de España (AIE).

Os certames xa consolidados no campus lucense repetirán neste Outono Cultural. Este é o caso de citas emblemáticas como o Maratón Fotográfico, coordinado por Eduardo Ochoa; Paisaxe Sonora, coordinado por Arturo Abrigueiro; ou o certame de Videoarte, que dirixe Carmen Granxeiro. Ademais, mantense o Taller de iniciación á fotografía. Da man de Adra Pallón, Pepe Coira, Clara Coira e Andrés Goteira botará a andar tamén unha nova experiencia ‘Visións de Cine’. Os espazos de formación e creación, danza e teatro, continúan con actividades tamén para o IV ciclo. Ademais, a orquestra e o coro da USC terá tamén a súa sección en Lugo.

Foros como ‘A Memoria democrática’, da man de María Valcárcel, ou ‘As Muiñadas. Encontros co mundo do tradi’ conducidos por Adrián Méndez grupo De Ninghures, coa presenza de Aida Tarrio e Mondra; así como a proxección de Antes de maio integran tamén a programación do campus lucense. O capítulo audiovisual tamén o compón Orgullosas coa presenza de Alba Loureiro. Os programas de divulgación científica ‘Xoves de Ciencia e Cañas’ e ‘DivulgaT’ mantéñense un ano máis.

A todos estas actividades hai que engadir as Faíscas Culturais, unha iniciativa que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Xunto á vicerreitora participaron na rolda de prensa o concelleiro de Cultura e Educación de Lugo, Javier Vázquez Prado; a deputada de Cultura da Deputación de Lugo, Iria Castro Fernández; e a artista Laura Lamontagne. As actividades artéllanse ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan USC, Concello de Lugo e Deputación de Lugo e que neste ano concentrou xa preto de 5.000 espectadores.

Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2026-09-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) Galicia é a rexión que máis solicitudes presentou en Europa para participar en proxectos interrexionais de I+D+i. Así o indican os datos da Vanguard Initiative, alianza europea da que a nosa Comunidade forma parte, xunto a outras rexións, para estimular o crecemento europeo da I+D+i a través da colaboración entre territorios de distintos países e a especialización intelixente. Precisamente a Xunta vén de publicar a convocatoria VInnovate Galicia, unha liña de axudas para organismos de investigación e empresas que presenten proxectos con outras rexións. Para poder candidatar á convocatoria VInnovate Galicia da Xunta, cuxo prazo de presentación de propostas está aberto desde hoxe ata o 19 de outubro, os posibles participantes teñen que presentarse antes á fase europea.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES