Noticias

Galicia supera por primera vez en 2019 as 50.000 toneladas de reciclaxe de vidro

A comunidade galega reciclou en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, polo que Galicia supera por primeira vez en 2019 a recollida de 50.000 toneladas de vidro a través do contedor verde. Grazas a depositar unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3 kg/hab, superando a media do conxunto do Estado. Comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn). En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente.

A comunidade galega reciclou en 2019 un total de 51.967 toneladas de vidro, polo que Galicia supera por primeira vez en 2019 a recollida de 50.000 toneladas de vidro a través do contedor verde.

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, e o xerente de zona Galicia-Asturias de Ecovidrio, Germán Fernández, presentaron esta mañá os resultados de reciclaxe de vidro, que no caso de Galicia seguen a ser destacados, pois grazas ao esforzo de depositar unha media de 66 envases por persoa, a media galega sitúase no 19,3 kg/hab, superando a media do conxunto do Estado.

Cruz Ferreira Costa salientou que a reciclaxe de vidro é unha mostra da implicación e toma de concienciación dos galegos coa economía circular, pois comparando as cifras actuais coas de fai catro anos, en Galicia se recicla un 33% máis que hai cinco anos (39.119 Tn en 2014) e 7,6% respecto das cifras de 2018 (48.308 Tn).

En canto á recollida por provincias, A Coruña foi na que máis se reciclou, cunha media de 19,1 kg/hab e un incremento de case 1.300 Tn respecto de 2018; seguida de Pontevedra (17,7 kg/hab ). As provincias de Ourense e Lugo acadaron unha taxa de reciclaxe de 16,8 kg/hab e 16,2 kg/hab, respectivamente. En termos porcentuais, destaca a subida en 7 puntos da provincia de Ourense, que pasou de reciclar 4.819 Tn en 2018 ás 5.154 no pasado ano.

A directora xeral tamén destacou o envío a Ecovidrio de case 20.000 Tn (18.999) de residuos de envases de vidro que chegaron ao Complexo Medio Ambiente de Sogama en Cerceda na bolsa negra e que Sogama recuperou para a súa xestión por parte de Ecovidrio.

Ferreira Costa salientou que detrás deste récord de reciclaxe hai dous aspectos importantes, como son a contenerización, un aspecto fundamental para facilitar a reciclaxe de vidro aos cidadáns que hoxe contan con 16.515 puntos repartidos ao longo da xeografía galega para o depósito deste material, un 3,4% máis que respecto do anterior; e as campañas informativas e divulgativas, como Recicla Vidro por elas, accións puntuais en eventos lúdicos e gastronómicos, como o San Juan da Coruña, Feira do Marisco no Grove ou o San Froilán de Lugo.

A representante da Consellería de Medio Ambiente recalcou a necesidade camiñar cara o modelo de economía circular e facer fronte á emerxencia climática, polo que a reciclaxe, concretamente a de vidro, é un elemento fundamental para evitar emisións de gases de efecto invernadoiro e a sobreexplotación dos recursos. Indicou que grazas ao esforzo realizado en 2019 evitouse a emisión de máis de 40.0000 toneladas de CO2, é dicir, o equivalente a retirar máis de 19.200 coches de la circulación durante un año; ou a extracción de máis de 85.000 toneladas de materias primas da natureza, o equivalente a 8 veces o peso da Torre Eiffel; así como aforrar máis de 50.000 Mwh de enerxía equivalente ao consumo realizado por todos os hospitais de Galicia durante máis de dous meses.

R., 2020-03-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (festival-mare-2026.jpg) O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela, cunha programación que volve situar a cidade como punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. A cita reunirá artistas de máis de 16 países e con representación de 12 linguas. A programación desta sétima edición estará formada por máis de 30 espectáculos, catro producións propias, oito propostas inéditas en Galicia e unha estrea absoluta. Entre os principais nomes do cartel atópanse Aterciopelados, Bia Ferreira, Omar Souleyman, Haydée Milanés & Javier Colina, Ala.ni, António Zambujo, Magalí Sare & Vox Stellae e Marcos Coll.
Foto de la tercera plana (a-serie-clopen.jpg) A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.

Notas

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) recoñece coas Medallas de Investigación a cinco científicos e científicas galegos das universidades de Santiago e Vigo. Esta distinción valora as traxectorias singulares e consolidadas en investigación desenvoltas na nosa comunidade, ademais de fomentar a promoción da ciencia e a tecnoloxía galegas. A entrega dos galardóns terá lugar durante o acto do Día da Ciencia en Galicia, que se celebrará o vindeiro 8 de outubro en Santiago.
O VIII Premio Luísa Villalta a proxectos pola igualdade, convocado pola Deputación da Coruña, vén de recoñecer sete iniciativas que destacan pola súa contribución á igualdade de xénero, á loita contra a violencia machista e á defensa da diversidade sexual. O certame terá unha contía final de 82.787 euros, a repartir entre as sete propostas. A deputada de Igualdade, Sol Agra, presidiu o xurado, que tivo como secretaria a Eva Ovenza, xefa da sección de Igualdade e Dereitos Civís, e como vogais a Adrián Manuel Gonçalves Barbosa, Lucía Canoura Sánchez e Jose Alberto Rodriguez Bello.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES