Noticias

Volve 'A serie clopen', pola demanda do público e tras acadar dous premios María Casares

A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de 'A serie clopen', as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal. O regreso aos escenarios prodúcese despois do recoñecemento acadado pola produción nos Premios de Teatro María Casares, pois obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.

A Xunta de Galicia recupera desde mañá venres, día 11, no Salón Teatro de Santiago de Compostela A serie clopen, a primeira produción propia de circo do Centro Dramático Galego, que volve tras a boa acollida acadada durante a súa estrea na pasada temporada, cando esgotou localidades en practicamente todos os pases. A reposición ofrece oito funcións programadas os días 11, 12, 13, 16, 17, 18, 19 e 20 de setembro ás 18:00 h.

Dirixido por Pablo Reboleiro, quen asina tamén a dramaturxia xunto a Clara Gayo, o espectáculo, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, mestura acrobacias, aéreos, clown, danza, música e teatro para construír unha proposta multidisciplinar e familiar que pon o foco especialmente na adolescencia. A montaxe reflexiona en clave de humor sobre os retos que afronta a mocidade nun contexto marcado pola dixitalización, o uso das redes sociais e a incerteza social e política.

A reposición dálle continuidade á aposta do Centro Dramático Galego por recuperar títulos do seu repertorio que manteñen a demanda do público máis alá da súa primeira exhibición. No caso de A serie clopen, as 33 funcións ofrecidas no Salón Teatro durante a súa estrea en 2025 reuniron arredor de 5.500 espectadores, antes de iniciar unha serie de representacións por outros espazos de Galicia e de Portugal.

Mellores actriz protagonista e movemento

O regreso aos escenarios prodúcese, ademais, despois do recoñecemento acadado pola produción na trixésima edición dos Premios de Teatro María Casares. Tras quedar nomeada para dez candidaturas, A serie clopen obtivo dous galardóns: Natalia “Pajarito”, como mellor actriz protagonista, e Marta Alonso Tejada, pola dirección de movemento.

A montaxe conta no seu elenco con Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hesse, Raquel Oitavén, Natalia Pajarito, Inés Santos e Guillermo Solo. Completan o equipo artístico Laura Iturralde na iluminación e videoescena e, xunto con José Faro, na escenografía; Erea Pérez e Paula Quintas na caracterización e maquillaxe; Carlos Alonso no vestiario; Marta Alonso Tejada no deseño de movemento e coreografía; Marcos PTT na asistencia de dirección e no espazo sonoro; José Expósito na asistencia de circo; Xosé Lois Romero na música orixinal e Santi Romay na asistencia de produción.

As últimas localidades dispoñibles para estas novas funcións de A serie clopen están á venda na plataforma ataquilla.com e no portelo do Salón Teatro nos días de función desde as 16,00 h.

R., 2026-09-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES