Notas de prensa

Empate no amistoso entre os equipos de fútbol sala de Aspnais e a Garda Civil

O equipo de futbol Sala de Aspnais disputou un partido amistoso co equipo da Garda Civil de Lugo. O encontro celebrouse dentro das actividades programadas con motivo do Cincuentenario da Asociación de Pais e Titores de persoas con Discapacidade Intelectual.

O partido rematou con empate a 4 goles. Celebrouse na Casa do Deporte do Concello de Lugo na antiga Frigsa.

O equipo de Aspnais estaba formado polos compoñentes actuais, reforzados por algúns veteranos, entreles CUCO (MANUEL PENA REAL), o primeiro entrenador que tivo o clube, ao que se lle rendeu homenaxe, recibindo do presidente de Aspnais, JOSÉ REIGOSA GARCÃA, o agasallo do Cincuentenario da Institución. Similares agasallos recibiron o equipo de Garda Civil, e o árbitro, José Manuel Gómez Arias, das mans das directivas de Aspnais MARÃA DEL CARMEN GONZÃLEZ LAGARÓN (Secretaria) e TERESA PRADO BARALLOBRE (Vicesecretaria).

Aspnais, 2016-11-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES