
Neste certame poden tomar parte os que publiquen en calquera xornal, revista ou en internet, en lingua galega ou castelá, algún traballo ou serie de traballos sobre calquera tema que faga referencia ao Nadal en Begonte e, en xeral, ao Nadal en Galicia.
Hanse conceder o Premio Begonte de Xornalismo, dotado con 600€ e un Segundo premio, dotado con 300 €, os dous con cadansúa estatuÃña de Sargadelos.
O prazo de ntrega dos traballos que se presenten ao certame, rematará ás 12,00 do seis de xaneiro, debendo facerse a entrega no Centro Cultural de Begonte, persoalmente ou por correo.
A presentación farase por triplicado exemplar do xornal ou revista onde se publicase o traballo, xunto cunha nota na que se fagan constaar os datos persoais do autor. No caso de traballos en Internet, texto impreso e indicación da páxina onde está publicado.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.