
Esta cita convértese asà na mellor opción nestes dÃas de festividade e nun evento dirixido a toda a familia onde gozar pero tamén aprender a ser solidarios.
Megaxove foi inaugurado nun acto no que participaron a Delegada Territorial da Xunta de Galicia, Marisol DÃaz Mouteira, o Vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández, e a Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Ourense, SofÃa Godoy, que estiveron acompañados por membros do Padroado de Expourense e do Comité Asesor de Megaxove. Durante a súa presenza no salón puideron comprobar a satisfacción dos primeiros participantes que foron organizados polos seus colexios nunha xornada lectiva.
Expositores e entidades colaboradoras coa feira elaboraron un completo programa de campionatos, exhibicións, torneos e obradoiros cuxo obxectivo non é só a diversión, senón o fomento de valores como o compañeirismo, a solidariedade, o traballo en equipo, a tolerancia, a igualdade, o respecto ó Medio Ambiente e o fomento do voluntariado.
O Salón da Xuventude ofrece a posibilidade de practicar actividades xa coñecidas polos visitantes, pero serve tamén de plataforma de promoción e descubrimento doutras actividades vencelladas ó tempo libre, á cultura ou ó deporte. Nesta cita ten cabida todo aquelo que anime á participación activa e á adopción de hábitos saudables. Cada rapaz e rapaza poderá escoller libremente en qué quere investir o seu tempo de lecer: dende xogos populares e tradicionais ata a zona de videoxogos (“III Torneo FIFA” ou “Just dance”), ou dende deportes populares como o fútbol sala, o karate, o o kickboxing ou o xadrez ata outros menos coñecidos como a halterofilia, a esgrima ou a loita grecorromana.
Novidades
Entre as novidades do programa de actividades de Megaxove 2016 destacan as organizadas pola ConcellerÃa de Xuventude de Ourense entre as que se atopan algunhas coma o Megascalextric, que contará co seu propio torneo interxeneracional, asà coma os obradoiros circenses coma malabares ou monociclo. Ademais organizará unha nova edición do campionato FIFA e pon a disposición dos visitantes simuladores de condución.
A maiorÃa destas novidades están orientadas en atraer ao salón a público adolescente, a partir de 10 ou 12 anos, como é o caso das enmarcadas na área denominada “Pulpo Extreme” que ofrece obradoiros de Skate, Roller e BMX, prácticas moi extendidas na actualidade. Tamén existen alternativas coma a masterclass co DJ De Melo.
No ámbito deportivo cabe destacar a exhibición de Haidong Gumdo (espada coreana), que terá lugar o mércores e que estará impartido polo Maestro Lee, introdutor e fundador en España desta novidosa arte marcial coreana, e responsable da súa difusión no noso paÃs.
Torneos
O deporte será coma sempre un dos grandes protagonistas de Megaxove, que continuará promocionando disciplinas como poden ser o karate, o wu-shu, a loita libre e grecorromana, o kickboxing, ou a esgrima. Expourense é o lugar elixido por numerosas asociacións e federacións para dar a coñecer estes deportes, programando exhibicións e torneos que xa contan cunha longa traxectoria como, por exemplo o X Torneo de Halterofilia, que convoca a deportistas de toda Galicia e Castela e León.
Tamén se desputarán torneos de judo, fútbol, babybasket e xadrez, entre outros. Celebrarase unha nova edición da Copa Megaxove de Wu-shu nas categorÃas infantil e de adultos. Ademais das probas, tamén se fomentará a participación activa do público a través de xogos, adestramentos ou clases de iniciación que se poderán practicar no salón con monitores profesionais.
Neste apartado, os xogadores do Clube Ourense Baloncesto e do Clube Deportivo Ourense achegaranse ata Megaxove para asinar autógrafos e sacar fotos cos seus xiarieiros e o público presente.
Entre as asociacións participantes destaca a Fundación Cipri Gomes, que colabora por sexto ano consecutivo en Megaxove convocando a unha multitude de nenos e adultos das 20 escolas deportivas coas que conta nas catro provincias galegas e tamén de Portugal. Esta Fundación organizará no salón actividades vencelladas co Kickboxing e o karate pero tamén será o impartirán clases de pintura, obradoiros de dj’s, informática, globoflexia, patinaxe ou minichef.
Participación aberta a todos
Ademais das actividades xa mencionadas, Megaxove ofrece moitas opcións de entretemento e diversión para aqueles mozos ou nenos que, acompañados polas súas familias, se acheguen ata Expourense durante estes dÃas. Aquà poderán atoparse dende inchables, carruseis, ludochán e bebechán, ou xogos populares, ademais de obradoiros de multitude de traballos manuais organizados por entidades como Amencer. Estes xogos tradicionais convivirán coa Ciber Aula e coa Zona de videoxogos.
Como é habitual nas citas de Expourense, os visitantes que decidan achegarse ata Ourense en tren poderán obter un 35% de desconto en RENFE (inclúe AVANT) que se pode consultar en www.expourense.org.
Megaxove, de entrada gratuÃta, permanecerá aberto en Expourense dende hoxe ata o xoves 8. O horario será de 10.30 a 13.30 e de 16.00 a 20.00 h. os dÃas lectivos (5 e 7) e de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h. os dÃas festivos (6 e 8). O programa actualizado pódese consultar na web www.expourense.org.
Foron presentadas as xornadas Galicia Biodays, que buscan posicionar Galicia como un territorio de referencia en innovación biotecnolóxica no ámbito internacional. Este evento vaise celebrar os dÃas 6 e 7 de maio no Auditorio Mar de Vigo, e permitirá reforzar a marca Galicia Calidade en biotecnoloxÃa, fomentar o intercambio de coñecemento e establecer novas colaboracións cientÃficas, empresariais e institucionais. Está previsto que asistan máis de 1000 persoas de 9 biorrexións convidadas, con máis de 130 relatores.
Alfonso Rueda informou de que o Consello deu conta do inicio da tramitación do anteproxecto da que será 'a primeira Lei do terceiro sector da acción social de Galicia'. Unha norma que busca 'unificar nun único texto legal a regulación deste eido e recoñecer de xeito formal o seu traballo e o papel que xogan as entidades na sociedade galega'. A necesidade de aprobar esta lei xustifÃcase na importante presenza destas entidades en Galicia, preto de 1.500, -que constitúen 'unha auténtica rede de solidariedade', segundo resaltou a conselleira de PolÃtica Social e Igualdade, Fabiola GarcÃa-, para apoiar as persoas e fogares máis vulnerables.