Notas de prensa

Pepe Solla leva a cociña galega á mesa do Cumio Europeo en Bruxelas

Para conmemorar o 30 aniversario da entrada de Portugal e España na UE, ambos países agasallaron aos líderes europeos cun xantar de traballo en Bruxelas preparado polo galego Pepe Solla que elexiu pescada con allada como prato principal. Trátase dunha iniciativa pioneira neste tipo de eventos políticos.

http://www.crtvg.es/informativos/pepe-solla-leva-a-cocina-galega-a-mesa-do-cumio-eurpeo

O prato principal, pescada con allada, ten un toque galego moi claro, de feito foi elaborado polo xefe de cociña Pepe Solla, que está en Bruxelas a supervisar todo o proceso.

En breve, en canto remate o xantar, está previsto que os líderes europeos manteñan un encontro co xefe de cociña galego e tamén co portugués que elabora o segundo prato e a sobremesa. É a primeira vez que se fai algo así nun cumio de xefes de Estado e de Goberno. España e Portugal propuxeron ofrecer este xantar para conmemorar os trinta anos da entrada destes dous países na Unión Europea. A esta hora deben estar xa case coa sobremesa. O prato principal era pescada con allada.

Atopamos o xefe de cociña Pepe Solla nos corredores do Consello Europeo acabado de chegar da cociña, de indicarlle ao equipo de cociñeiros da institución comunitaria que botaran máis sal o puré de tubérculos que acompañará a pescada con allada, o prato principal, receita de Solla, que degustan os líderes europeos.

"Busquei un prato que representara a Galicia. En todos os pratos que eu propuxen había un carácter galego", comentaba Solla desde Bruxelas.

As medidas de seguridade nos arredores do edificio onde se reúnen os xefes de Estado e de Goberno son moi estritas, tamén o son nos fogóns.

"Hai unha responsable de seguridade e hixiene que está a alí presente e nós temos unha limitación de que podemos facer dentro. Nós non podemos executar directamente, executan eles", asegura o xefe de cociña.

A institución europea controla, desde o punto máximo de cocción dos alimentos, ata a procedencia dos ingredientes e quen os manipula. Entre as propostas de xantar que rexeitaron no Consello, había un prato de polbo.

"Si escollen o meu prato principal, obviamente xa non podo facer segundo prato nin sobremesa, e o polbo era unha entrada", asegura Solla.

O xantar que ofrecen España e Portugal para celebrar os trinta anos da súa entrada na Unión Europea ía ser, inicialmente, unha cea. Pero a ese encontro non está convidada a primeira ministra británica. Os líderes falarán, os 27, do 'brexit'. Para que Theresa May puidese probar o menú galego e portugués, optaron por facer un xantar maridado con viño albariño Rías Baixas e tinto da Rioxa.

CRTVG, 2016-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES