
A conselleira do Medio Rural, Ãngeles Vázquez, e a directora xeral de GandarÃa, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, visitaron o Centro Público Integrado (CPI) Fonte DÃaz, en Touro, con motivo do inicio da campaña de consumo de froitas frescas na escola. Este ano, coma novidade, na lista de produtos subvencionables que poden elixir os colexios está a castaña, a petición da Xunta de Galicia.
Esta era unha petición histórica por parte da comunidade ao Goberno central, que este ano aceptou incluÃr no real decreto sobre a aplicación en España da normativa da Unión Europea en relación cos plans escolares de consumo de froitas, hortalizas e leite a castaña como produto elixible para o programa español.
Ãngeles Vázquez valorou esta boa nova porque “ademais de contribuÃr a unha alimentación equilibrada, apoiamos tamén unha industria en auxe na nosa comunidade coma o dos castiñeiros de froito”. O mesmo sucede co plan de leite e produtos lácteos que tamén se leva ás escolas. “En paralelo ao obxectivo de crear hábitos saudables, colaboramos coa estabilización dos mercados destes produtos en Galicia”, sinalou a responsable autonómica.
Comezaba esta campaña educativa nun centro do concello de Touro. AlÃ, en torno a 100 nenos participaron nas actividades organizadas para a ocasión como unha zona de debuxo e plastilina na que se explicou aos pequenos a pirámide dos alimentos e decidÃan a composición dos seus batidos, a área de cociña para preparalos eles mesmos e un photocall final onde fotografiarse con mensaxes sas.
A través desta iniciativa a ConsellerÃa do Medio Rural, en colaboración coa de Sanidade e a de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria, pretende educar aos máis pequenos na importancia dunha alimentación equilibrada.
Balance
Galicia participou neste plan dende a súa creación en 2009 a través dunha resolución de axudas para cada curso escolar. Cada ano, os centros interesados increméntanse dende os 123 de 2009 ata os 340 da última campaña. Neste curso 2016/2017 está previsto superar os 400 centros educativos (a falta de pechar todas as solicitudes) cos que se chegarÃa a máis de 88.000 nenos e nenas de entre 3 e 16 anos, xa que inclúe as etapas de Infantil, Primaria e Secundaria.
A orde de axudas para executar esta campaña de 2016/2017 contou cun orzamento de 317.200 euros. O 75% do orzamento procede do Fondo AgrÃcola de GarantÃa (Feaga) e o 25% restante é abonado pola Xunta de Galicia. O importe máximo de axuda para cada centro é de 0,25 euros por alumnos e dÃa lectivo, ata un máximo de 20 dÃas.
A axuda concédese a todas as froitas frescas con excepción do tomate, da lima e do limón, que están incluÃdas na definición do Código Alimentario Español (CAE) e agora tamén a castaña.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.