
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, enxalzou o papel do belén de Begonte como referente na suma de “valores culturais, relixiosos e sociais, que fan del un foco de atracción turÃstica de gran relevancia para o municipio”.
“Esta iniciativa”, explicou Balseiro durante a presentación da XLV edición do nacemento, “converte a este belén no máis famoso da nosa provincia, que cada ano é visitado por milleiros de persoas”.
O belén de Begonte conta co recoñecemento de Festa de Interese TurÃstico de Galicia desde hai dous anos e figura xa entre as citas imprescindibles cada Nadal para moitas familias e visitantes, constituÃndo, en consecuencia, “unha fonte de riqueza económica para o municipio”, segundo indicou o delegado.
O pregoeiro deste ano será Luis Angel de las Heras, o novo bispo de Mondoñedo. Dende o sábado, 3 de decembro, o centro cultural José DomÃnguez Guizán de Begonte, abrirá as súas portas para mostrar ao público as pezas e o movemento dun dos nacementos electrónicos máis recoñecidos de Galicia.
Ao redor deste evento cultural, medraron tamén outras iniciativas como son os certames de xornalismo, poesÃa, pintura e debuxo infantil, que xuntan a creadores procedentes de todos os puntos da xeografÃa galega.
Na presentación do belén participaron tamén Luis Luaña, tenente alcalde de Begonte; Pilar Gómez, viúva do creador; e Xesús DomÃnguez e Xulio Xiz, presidente e vicepresidente do centro cultural José DomÃnguez Guizán.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.