Notas de prensa

Preséntase en Madrid o programa turístico Un paseo polo Nadal de Galicia

Inclúe 17 actividades belenísticas por toda a Comunidade, os mercados de Nadal das grandes cidades e unha oferta cultural e de artesanía. O programa presentado propón 17 actividades belenísticas, como o belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o belén electrónico de Begonte, en Lugo, os dous declarados Festa de Interese Turístico de Galicia.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentou o programa “Un paseo polo Nadal de Galicia”, posto en marcha polo seu departamento para promover a oferta turística da Comunidade nesta época do ano. Na presentación tamén participou o delegado da Xunta en Madrid e director da Casa de Galicia, José Ramón Ónega, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Turismo e Comercio de Viveiro, Marisol Rey.

O programa “Un paseo polo Nadal de Galicia” aglutina numerosas actividades especiais como os beléns, salpicados por toda a Comunidade, os mercados de Nadal das sete grandes cidades; actividades de artesanía como Artenadal, en Lugo, ou Ofeitoaman, en Vigo; e de tipo cultural como o “Nadal no Gaiás” e outros eventos de música, teatro, xogos ou concursos.

Nava Castro explicou que o programa presentado propón 17 actividades belenísticas, entre as que resaltou o belén artesanal en movemento de Valga, en Pontevedra, e o belén electrónico de Begonte, en Lugo, os dous declarados Festa de Interese Turístico de Galicia.

A directora de Turismo destacou que este programa demostra que “Galicia é un destino multiexperiencial, cunha grande oferta turística para todos os públicos e ao longo de todo o ano”. En Nadal, segundo afirmou, Galicia “ofrece numerosos atractivos que a converten no destino perfecto para disfrutar de estas sinaladas datas”.

José Ramón Ónega, tras as súas palabras de benvida, sinalou que a Casa de Galicia sempre está aberta para promover e difundir “os inmensos atractivos da nosa Comunidade, e nestas datas tan familiares é fantástico que se programen actividades pensadas tanto para os maiores como os pequenos, porque o Nadal foi e será sempre para todos”.

Beléns de Nadal en Galicia

Ademais dos beléns de Nadal de Valga e Begonte, de especial relevancia por estar declarados Festa de Interese Turístico de Galicia, a Comunidade conta con recoñecidos beléns históricos como o belén xigante de Viveiro, feito a escala natural e salientable pola súa ambientación e realismo; o belén de Arturo Baltar en Ourense, formado por unhas cincocentas pezas entre as que se poden recoñecer personaxes populares da cidade das Burgas; o da Grande Obra de Atocha, na Coruña, inaugurado en 1923 e que presenta un mapa a escala de Xerusalén e conta cunha superficie de 120 m2 e 150 figuras artesanais; o belén do Edificio Liceo de Betanzos, que representa con narración gravada e movemento a historia, xeografía, etnia e actividades diversas; e o belén da Orde Terceira en Ferrol, con máis de 60 anos de historia e máis de 200 figuras con movemento.

Outros beléns que tamén se inclúen no programa como proposta para este Nadal son o da Catedral de Santiago de Compostela, o da Catedral de Tui, o de San Vicente de Cespón, en Boiro, o belén parroquial de San Marcos, en Corcubión, o belén artesanal en movemento de Gondomar, o belén familiar de Conxo, en Santiago de Compostela, e o belén de Erville, en Mos.

Así mesmo, tamén se poden visitar os beléns participantes no XXI Concurso de beléns de Ourense; as actividades do concurso de belenismo da Asociación de Belenistas de Lugo; e os participantes no 51º Concurso de beléns da Fundación Abanca, en Vigo.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-12-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES