
A presentación celébrase na Facultade de FilosofÃa da USC co lema A utopÃa no horizonte da cidadanÃa, aproveitando os cincocentos anos da primeira edición, en Lovaina, da obra UtopÃa, de Tomás Moro. O acto comeza coa intervención do reitor Juan Viaño, do comisionado da USC para este campus, José Antonio Caride, e do decano da Facultade de FilosofÃa, José Miguel Sagüillo, que explicarán as liñas de actuación que se veñen promovendo nos últimos meses arredor do proxecto.
A continuación desenvólvese unha conversa-coloquio sobre as utopÃas, celebrando a primeira edición desa obra en 1516 e tomando como pretexto a editada en galego en 2011 polo Servizo de Publicacións e Intercambio cientÃfico da USC en colaboración coa Fundación BBVA. A sesión moderaraa o profesor Juan M. Monterroso e nela intervirán o director do Servizo de Publicacións e Intercambio CientÃfico da USC, Juan L. Blanco; o autor do prólogo á obra en galego, Torres Queiruga; a tradutora da obra ao galego, Helena de Carlos; a profesora da Facultade de Humanidades de Lugo Carmen Blanco; e o catedrático de Historia da Educación Antón Costa.
O acto remata coa interpretación musical de pezas alusivas á utopÃa por un cuarteto de corda dirixido por Mario Diz e a inauguración dunha exposición sobre a ‘utopÃaÂ’ nos fondos documentais da USC, en colaboración coa Biblioteca Xeral.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.