
Os seis novos casos confirmados na cidade da Coruña manteñen vínculo epidemiolóxico e están relacionados co centro cívico de Feáns. A Consellería de Sanidade recomendou hoxe ao Concello da Coruña que proceda ao seu peche preventivo. A Direccion Xeral de Saúde, seguindo os protocolos acordados co Ministerio de Sanidade, mantén aberta a investigación de contactos para previr novos contaxios.
O outro novo caso confirmado por parte do Centro Nacional de Microbioloxía trátase dun caso importado que deu positivo nunha primeira análise na área de Ourense. É unha muller de 35 anos que non presenta sintomatoloxía e que permanece en illamento domiciliario.
Coordinación e información
O conselleiro de Sanidade tamén sinalou que hoxe estableceuse contacto con representantes de todos os partidos políticos e cos rectores das universidades co obxectivo de ofrecerlles información sobre a situación actual en Galicia. Isto enmárcase dentro do traballo que está a facer o Goberno galego para manter unha comunicación activa e permanente cos diferentes axentes sociais e socioeconómicos sobre o coronavirus.
Almuiña informou tamén de que continúa a coordinación co Ministerio de Sanidade e as outras comunidades autónomas a través do Consello Interterritorial, o último celebrado esta mesma mañá. Ademáis, en Galicia tamén esta mañá reuniuse a Comisión Interdepartamental para o seguimento do coronavirus e outras enfermidades emerxentes que continúan a traballar en actuacións e protocolos para a súa incorporación se é preciso.
Recomendacións sanitarias
Dende o Sergas lémbrase que a Consellería de Sanidade ten a disposición da poboación o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto.
No caso de persoas procedentes dunha viaxe ou que estivesen en contacto con persoas que veñan dunha área de risco e presente síntomas (tos, febre ou dificultade respiratoria), recoméndase que non acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde senón que contacte telefónicamente co 061.
O Festival Maré celebrará do 23 ao 27 de setembro a súa sétima edición en Santiago de Compostela, cunha programación que volve situar a cidade como punto de encontro de culturas, linguas e diferentes expresións musicais. A cita reunirá artistas de máis de 16 países e con representación de 12 linguas. A programación desta sétima edición estará formada por máis de 30 espectáculos, catro producións propias, oito propostas inéditas en Galicia e unha estrea absoluta. Entre os principais nomes do cartel atópanse Aterciopelados, Bia Ferreira, Omar Souleyman, Haydée Milanés & Javier Colina, Ala.ni, António Zambujo, Magalí Sare & Vox Stellae e Marcos Coll.
Foi prsentada a Visión Estratéxica 2026-2028 da Asociación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión GaliciaNorte de Portugal. A visión estratéxica ofrece un novo marco de actuación co que se pretende reforzar o papel da cooperación transfronteiriza e consolidar a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como un espazo común de oportunidades, coñecemento, innovación, competitividade e desenvolvemento. Ademais, estrutura a intervención da AECT en cinco grandes áreas -cultura, turismo, xuventude e emprego transfronteirizo e investigación e competitividade-, consolidando proxectos cun impacto recoñecido e abrindo novas frontes de cooperación entre Galicia e o Norte de Portugal.