//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias sociedad
Galicia iniciará neste 2020 a universalización da educación infantil, que permitirá que a partir do 1 de abril as escolas infantís de 0 a 3 anos sexan gratuítas para todas as familias galegas para os segundos fillos e sucesivos. A gratuidade para os segundos fillos e sucesivos implantarase tanto nas 173 escolas públicas da Xunta como nas 260 escolas infantís privadas e de iniciativa social, tanto nas que xa están concertadas a día de hoxe como nas que non o están. Esta iniciativa, pioneira e sen precedentes en toda España, beneficiará ás familias duns 12.500 nenos. Ademais, a partir do próximo curso o Goberno galego tamén achegará fondos para facilitar que as escolas infantís municipais poidan introducir a gratuidade para os segundos fillos e sucesivos.
As nenas e nenos galegos nados a partir do un de xaneiro xa teñen dereito á Tarxeta Benvida coas diferentes melloras introducidas para seguir apoiando a crianza e coidado dun bebé. As pequenas e pequenos nados desde o primeiro día deste 2020 verán nesta axuda importantes novidades como o aumento da contía as familias numerosas ou das que viven no rural. En canto as melloras xa implantadas, increméntase un 25% para as familias que vivan en concellos de menos de 5000 habitantes, para apoiar aos fogares con fillos no rural. Duplícase tamén a cantidade que perciben as familias polo seu terceiro fillo e sucesivos durante o primeiro ano, de xeito que recibirán 2400 euros anuais.
A Xunta activa mañá a extensión da gratuidade do autobús interurbano a todos os menores de 21 anos coa tarxeta Xente Nova nas áreas de Transporte Metropolitano. Esta ampliación, enmarcada no Plan de transporte público de Galicia, permitirá que a partir de mañá os mozos con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos poidan realizar viaxes de balde no transporte público, medida que ata agora se limitaba ata os 18 anos incluídos. O Goberno galego destinará no ano 2020 unha partida de máis de 2,6 millóns de euros para materializar esta iniciativa, o que supoñería un incremento de máis do 52% na bonificación, pois no ano 2018 realizáronse bonificacións por importe de máis de 1,7 millóns euros.
Galicia volveu reducir no ano 2018 a taxa de risco de pobreza, ao tempo que baixou ata mínimos históricos os indicadores que miden a desigualdade de ingresos e o número de fogares con dificultades económicas, segundo mostran os datos anuais da Enquisa Estrutural a Fogares publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). En concreto, a taxa de risco de pobreza ou exclusión social (indicador AROPE) de Galicia baixou por terceiro ano consecutivo en 2018, ao pasar do 20,26% ao 18,95%. É a primeira vez que este indicador baixa do 20% en toda a serie histórica, que comeza en 2011. En canto á taxa de risco de pobreza, tamén baixa por terceiro ano e sitúase no 15,51%.
Galicia rexistrou ao longo do ano 2018 a mellor evolución da súa poboación dos últimos nove anos, segundo reflicten os datos do Padrón Municipal a 1 de xaneiro de 2019. A poboación de Galicia a 1 de xaneiro de 2019 situouse en 2.699.499 persoas, o que supón un descenso do 0,08% en comparación coa mesma data do ano anterior, a mellor evolución do padrón municipal galego desde o ano 2010. Esta mellor evolución da poboación galega é consecuencia directa do bo comportamento do saldo migratorio, toda vez que Galicia conseguiu atraer milleiros de novos habitantes procedentes de fóra da comunidade autónoma.
A Xunta de Galicia organiza a fase final do primeiro torneo autonómico de League of Legens (LOL) esta fin de semana no recinto da Feira Internacional de Galicia en Silleda. Neste certame, posto en marcha pola Consellería de Política Social, participan 80 mozas e mozos de diferentes municipios de toda a comunidade. O obxectivo é configurar un completo fin de semana de competición entre os 16 equipos que se clasificaron para a fase final. Cómpre lembrar, que nos Espazos Xoves de menor poboación (Betanzos, Curtis, Noia, Pontedeume, Vilalba, Viveiro, Chantada e Tui) clasificouse un equipo de cada zona, mentres que nos catro de maior poboación (Carballo, Ourense, Lalín e Vilagarcía) son dous os equipos que chegaron á fase final. Cada un destes equipos está formado por cinco persoas.
O inverno boreal comezará este domingo 22 ás 5.19 horas. A estación prolongarase ata o 20 de marzo ás 4.49 horas, momento en que se iniciará a primavera. A estación invernal no hemisferio norte é a de menor duración, 88,99 días, fronte aos 89,85 do outono, 92,75 da primavera e os 93,66 do verán. Como explica o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller, José Ángel Docobo, o inicio do inverno coincide co paso do Sol polo punto Capricornio da Eclíptica ou Solsticio de decembro, producíndose neste intre a mínima declinación solar (-23º4 con respecto ao Ecuador Celeste) o que ten como consecuencia que teñamos o día máis curto do ano cunha duración de pouco máis de 9 horas na nosa latitude. Así, as tardes xa comezaron a medrar dende o día 7, mentres que as mañás seguirán minguando ata Reis.
En 2020 estenderanse ao conxunto de Galicia as novas modalidades de transporte, compartido e a demanda, iniciadas en 2017 e que están a rexistrar unha grande acollida. O autobús compartido, que ofrece máximas garantías aos escolares, ten permitido que 300.000 persoas aproveitasen xa as prazas baleiras dos buses escolares para facer os seus desprazamentos cotiás. O transporte a demanda xa posibilitou que máis de 11.300 persoas chamaran á central de reservas solicitando algún servizo.
Trátase dunha comisión de traballo no seo do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero para abordar pautas para a prevención e o tratamento das distintas formas de violencia sexual. Esta proposta foi unha das presentadas hoxe no Pleno do Observatorio Galego contra a Violencia de Xénero. Durante a xuntanza tamén se acordou dar continuidade ao grupo de traballo dedicado á abordaxe da violencia de xénero coa mocidade dende o ámbito educativo para acadar a erradicación da violencia machista dende a prevención. O obxectivo deste grupo é que os nenos e nenas e os adolescentes interioricen a igualdade como un valor esencial para a convivencia entre mulleres e homes.
O Premio Artesanía de Galicia recaeu no ebanista Frank Buschmann (Corcubión) pola súa prensa de flores Monas, mentres que o Premio Traxectoria foi para o oleiro Agustín Vázquez, de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo) e a Bolsa Eloy Gesto para Minia Banet, do estudio Variopinto (Santiago de Compostela). Os Premios Artesanía de Galicia buscan contribuír a poñer en valor o sector artesán galego, así como a divulgar o traballo dos profesionais entre a sociedade; potenciar a creatividade; promover a captación do talento dentro do sector, facendo fincapé na incorporación dos artesáns máis novos a través do apoio á súa formación especializada; e a impulsar a remuda xeracional ao tempo que se aposta pola introdución da innovación e do deseño nos procesos de produción.
Turismo de Galicia da a coñecer a oferta xeral, o Camiño de Santiago e as experiencias. Paralelamente, o Clúster de Turismo de Galicia participará no encontro profesional INTUR Negocios. A demanda turística de Castela e León medrou un 7,2% nos primeiros dez meses de 2016 en relación ao mesmo período do ano anterior.
A cartografía sobre o Camiño de Santiago nas novas tecnoloxías foi o obxecto da conferencia do enxeñeiro e cartógrafo Manuel Carbajo, xefe de Cartografía Temática do Instituto Xeográfico Nacional (IXN), que falou da aplicación para móbeis iOS de Apple e Android, e tamén do proxecto Cartografía Colaborativa e Hipermedia.
O plan, operativo ata finais de abril de 2017, conta cun operativo de 26 centros, 5.200 toneladas de fundentes e preto de 500 profesionais para velar pola seguridade nas estradas autonómicas. Vázquez Mourelle salienta que este plan ten como obxectivo facer fronte aos posibles efectos da climatoloxía adversa nos 5.500 km de vías de titularidade autonómica.
Invitados polo Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, 30 usuarios de ASPNAIS visitarán o martes, 22 de novembro, o Pazo de Xustiza da capital lucense.
A primeira sesión na cidade herculina deste ciclo, organizado polo C.R.D.O. Ribeiro, celebrarase no Hotel Fisniterre e incluirá a degustación dunha selección de viños introducida por Cristina Alcalá. Pepe Solla, cunha estrela Michelín e tres soles Repsol, é un dos máximos expoñentes da cociña galega de vangarda e fundador do Grupo Nove de 22 cociñeiros galegos.
O Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC promove co Concello mindoniense o proxecto Mondoñedo Dixital sobre o emprazamento e as características arquitectónicas dos edificios públicos e de relevo existentes na cidade de Mondoñedo no século XVIII.
O presidente da Xunta reivindica o papel dos parlamentos e dos medios de comunicación como foros nos que asistir a un debate fecundo de ideas e posicións e lembra que a democracia fai posible corrixir erros, matizar rumbos e trasladar con présa as demandas cidadás ás institucións e que os xornais son a ágora moderna, o lugar onde se condensa a vida dun país.
O certame, na súa novena edición, desenvolveuse desde o día 28 de outubro ata o 13 de novembro coa participación de 49 establecementos da cidade (13 deles participaban por primeira vez).
O CLM da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza a I Semana Cultural de Xapón co apoio da Embaixada de Xapón en España e da Asociación de Casa Galicia Xapón. Música e gastronomía son dous dos ingredientes que abren a primeira xornada o 23 de novembro na Facultade de Filoloxía, no Campus Norte.
A través de Garantía Xuvenil, existe tamén un programa para facilitar a inserción laboral dos estudantes, que ten como obxectivo principal propiciar que os alumnos de Formación Profesional (FP) obteñan un contrato laboral no mesmo centro de traballo onde realizan as súas prácticas de corte académico.