Notas de prensa

Música, gastronomía ou caligrafía para coñecer mellor a cultura xaponesa

O CLM da Universidade de Santiago de Compostela (USC) organiza a I Semana Cultural de Xapón co apoio da Embaixada de Xapón en España e da Asociación de Casa Galicia Xapón. Música e gastronomía son dous dos ingredientes que abren a primeira xornada o 23 de novembro na Facultade de Filoloxía, no Campus Norte.

Ao longo de dúas xornadas, a sección de Xaponés do Centro de Linguas Modernas (CLM) organizará a I Semana Cultural de Xapón, un evento cultural e lingüístico con diferentes actividades que buscan mostrar particularidades da cultura xaponesa. No seu desenvolvemento colaboran a Embaixada de Xapón en España e a Asociación de Casa Galicia Xapón.

Música e gastronomía son dous dos ingredientes da primeira xornada, o día 23 a partir das 16.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía, nunha sesión que comezará cunha mesa redonda con estudantes de xaponés no CLM e estudantado xaponés na USC para realizar un intercambio cultural entre Galicia e Xapón. Deseguido, os propios estudantes realizarán dúas demostracións culturais, a primeira cun mini concerto de música galega e baile tradicional e a segunda sobre como se viste o quimono e o baile tradicional xaponés. As actividades do día rematará cunha charla sobre a comida xaponesa á que seguirá unha taller práctico impartido por Megumi Shiozawa.

Na Aula Universia da Biblioteca Concepción Arenal, a xornada do día 24 arrancará ás 15.30 horas cun taller da arte da caligrafía xaponesa, que impartirá a mestra de caligrafía Madoka Kubota. A continuación, no Salón de Graos da Facultade de Dereito ás 17.30 horas, o ministro da embaixada de Xapón en España Kenji Hirata pronunciará a conferencia ‘Seguridade de Xapón. Realidade estratéxica en Asia e Política Exterior e de Seguridade’. Entre as 19.00 e as 20.30 haberá unha nova oportunidade participar noutro obradoiro de caligrafía xaponesa.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, 2016-11-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (programacion-karmica-2026.jpg) O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
Foto de la tercera plana (hoteis-galicia.jpg) O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.

Notas

O luns 28, Día Internacional do Dereito a Saber, arranca na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC) a XI edición do Congreso Internacional de Transparencia e Bo Goberno (CIT), que se prolongará ata o martes 29 co apoio institucional da Xunta de Galicia, o Consello de Contas e o Consello Consultivo, entre outras institucións e organismos.
137 traballos científicos elaborados por preto de 260 autores vinculados a 52 institucións académicas e de investigación de máis dunha ducia de nacionalidades. A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da UVigo acollerá o 1 e 2 de outubro, o ITC’26, 18º Congreso Internacional de Turismo, un encontro académico e profesional no que se reunirá persoal investigador, docente e experto en turismo transfronteirizo procedente de catro continentes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES