
A conferencia tivo lugar dentro da edición correspondente a 2016 do Seminario José Antonio Cimadevila Covelo de Estudos Xacobeos, que se desenvolve na Casa desde o pasado luns e ata mañá, xoves, organizado en colaboración coa Asociación de Amigos dos Camiños de Santiago de Madrid que preside José Antonio Ortiz, quen presentou ao relator.
Carbajo explicou as actuacións que en materia de CartografÃa Temática desenvolve o IXN relacionadas co Camiño de Santiago. En concreto falou acerca das actuacións cartográficas relativas ás novas tecnoloxÃas, a aplicación para dispositivos móbiles “Camiño de Santiago” publicada hai uns meses polo IXN e o Centro Nacional de Información Xeográfica, que comercializa os produtos do IXN; para os sistemas operativos iOS de Apple e Android, de distribución gratuÃta. Tamén do proxecto “CartografÃa Colaborativa e Hipermedia” que está a desenvolver o IXN e no que o Camiño de Santiago “é unha capa de información temática que se pode poñer en relación con outras capas de información, o que fai máis rica a consulta e a análise final por parte do usuario”.
“A primeira ferramenta App está destinada a un público que vai percorrer o Camiño e por iso contén todas as funcionalidades e información necesaria para ese fin. A segunda ferramenta, aÃnda que tamén é accesible desde dispositivos móbiles, está máis orientada á súa consulta en escritorio e é unha ferramenta de análise previa a unha exploración do terreo”, sinalou.
“Supoñen en definitiva unha ferramenta de publicación de información temática na que é o usuario final o que, activando e desactivando capas, configura o seu mapa á carta en función dos seus intereses”, engadiu, tras presentalas e explicado o seu funcionamento para que, quen o desexe, poida facer uso delas pois, como fixo notar, ambas as ferramentas informáticas están xa publicadas e a disposición dos usuarios.
O Seminario finaliza coa conferencia “O valor excepcional do Camiño de Santiago e o seu recoñecemento internacional” que impartirá a subdirectora xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, Begoña Cerro Prada. Nos dÃas anteriores desenvolvéronse as tituladas “10 intervencións do Programa ´1,5% Cultural´ no Camiño Francés ao seu paso por Galicia”, do subdirector xeral de Arquitectura e Edificación do Ministerio de Fomento, Francisco Javier MartÃn Ramiro, e “O patrimonio histórico e arquitectónico do Camiño urbano de Madrid. Unha mirada diferente ás igrexas, palacios, prazas, fontes e casa da capital”, do xornalista e escritor especializado en temas madrileños Javier Leralta.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.