Noticias

Actívase a extensión da gratuidade do autobús interurbano a todos os menores de 21 anos a través da tarxeta Xente Nova nas áreas de transporte metropolitano

A Xunta activa mañá a extensión da gratuidade do autobús interurbano a todos os menores de 21 anos coa tarxeta ‘Xente Nova’ nas áreas de Transporte Metropolitano. Esta ampliación, enmarcada no Plan de transporte público de Galicia, permitirá que a partir de mañá os mozos con idades comprendidas entre os 4 e os 20 anos poidan realizar viaxes de balde no transporte público, medida que ata agora se limitaba ata os 18 anos incluídos. O Goberno galego destinará no ano 2020 unha partida de máis de 2,6 millóns de euros para materializar esta iniciativa, o que supoñería un incremento de máis do 52% na bonificación, pois no ano 2018 realizáronse bonificacións por importe de máis de 1,7 millóns euros.

Os usuarios da tarxeta ‘Xente Nova’, tal e como vén funcionando dende a súa posta en marcha en 2016, poderán realizar de balde un total de 60 viaxes mensuais no transporte público regular por estrada.

Esta gratuidade superará este ano o actual ámbito territorial das Áreas de Transporte Metropolitano e resultará de aplicación en calquera viaxe interurbana que se efectúe en calquera concello da comunidade galega.

A extensión territorial a toda a comunidade realizarase de xeito progresivo, consonte coa programación que aprobará a Xunta de acordo co proceso de dotación de máquinas canceladoras nos novos contratos de transporte.

A poboación obxectivo final de xuventude destinataria, unha vez que se implante en toda Galicia, é de máis de 372.000 persoas, fronte ás máis de 55.500 que na actualidade xa están a utilizar esta tarxeta.

A Xunta tamén avanzará na innovación tecnolóxica, implantando unha tarxeta virtual a través dos teléfonos móbiles, que poderá complementar ou substituír aos actuais dispositivos.

Programa social

Esta iniciativa ten unha compoñente social coa que o Goberno galego busca contribuír á economía das familias, aliviando os gastos que ata o de agora lle podía supoñer o transporte metropolitano dos seus fillos.

A citada iniciativa tamén ten unha vertente educativa, ao facilitar o acceso á formación non obrigatoria, estendendo a gratuidade do transporte aos centros educativos e tamén a outros desprazamentos habituais dos mozos.

A medida contempla ademais o factor de sensibilización e concienciación, xa que coa tarxeta ‘Xente Nova’ foméntase entre os máis novos o uso do transporte público e dunha mobilidade sustentable e respectuosa co medio.

Rede CeMIT, 2019-12-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES