Notas de prensa

Investigadores do Campus Terra da USC achan planos inéditos de Mondoñedo tralas inundacións de 1760

O Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC promove co Concello mindoniense o proxecto ‘Mondoñedo Dixital’ sobre o emprazamento e as características arquitectónicas dos edificios públicos e de relevo existentes na cidade de Mondoñedo no século XVIII.

Os investigadores do Campus Terra da USC que están a traballar no proxecto ‘Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio’, unha actuación promovida polo Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC en virtude dun convenio asinado co Concello de Mondoñedo, está a atopar múltiple información descoñecida ata a data respecto do patrimonio cultural, histórico e incluso referido ao desenvolvemento urbanístico da cidade mindoniense, tal e como é caso duns planos inéditos da cidade datados na segunda metade do século XVIII e relativos ás recomendacións das actuacións urbanísticas que cómpre realizar para evitar a repetición de episodios como o da inundación rexistrada en 1760 no núcleo urbano mindoniense por mor da inundación provocada pola chea do río O Sixto.

A directora do Centro de Estudos de Historia da Cidade da USC, a profesor Ana Goy Diz, e o coordinador do proxecto ‘Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio’, o tamén profesor na Facultade de Humanidades da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez, descubriron este venres este planos inéditos da trama urbana mindoniense no marco dos traballos de dixitalización das actas e acordos plenarios municipais conservados desde o século XVI que están a desenvolver nesta primeira fase do proxecto, unha actuación que comezou hai uns meses que está previsto rematar a comezos de 2017.

A relevancia destes documentos urbanísticos achados é importante, segundo afirmou Ana Goy, quen explicou que os planos descubertos ofrecen información detallada do emprazamento e das características arquitectónicas dos edificios públicos e de relevo existentes na cidade de Mondoñedo na segunda metade do século XVIII (trazado das rúas, casas, edificios principais, fontes, cursos de auga, perímetro amurallado, vías de acceso...), ao tempo que aportan datos respecto as actuacións urbanísticas adoptadas, así como á súa maior ou menor incidencia cara o futuro.

O achado destes planos súmase á xa ampla información rescatada dos arquivos municipais no proceso de dixitalización das actas municipais e acordos plenarios, un labor minucioso no que están a traballar varios egresados da Facultade de Humanidades, como o son Diana Dúo Rámila, Paula Mouriz Rosendo, Adrián Pérez Lago, Jessica Belmonte, ademais da colaboración dos profesores Carlos Baliñas e Antonio Rodríguez Colmenero, o investigador mindoniense Carlos Andrés González e un técnico.

Goy Diz, quen cualificou de “apaixonante” o traballo que están a desenvolver en Mondoñedo, explicou asemade que o proceso de dixitalización non se reduce a fotografar documentos e libros, se non que tamén implica a realización doutras tarefas parellas, como o son a descrición, transcrición e clasificación dalgunhas grafías que conteñen estes documentos e cuxa temática abrangue desde cuestións urbanísticas, actos sociais e populares, fitos históricos para a cidade como o son a chegada dun novo bispo...

O estudo do patrimonio cultural mindoniense a través do recurso ás fontes documentais conservadas no arquivo municipal constitúe un primeiro paso dun longo traxecto que ofrece a posibilidade de rastrexar novas e informacións que se puideran localizar, entre outros, no Arquivo do Reino de Galicia, Arquivo Histórico Nacional, Arquivo da Chancillería de Valladolid e mesmo no Arquivo Militar de Segovia, sinalou Ana Goy, para logo engadir que unha vez compilada toda a información o proxecto contempla a súa estrutura ordenada en aras a facilitar a súa localización e tamén as posibilidades de uso.

A directora do Centro de Estudos da Historia da Cidade da USC entende que o proxecto que se está a desenvolver en Mondoñedo logo do convenio asinado co Concello, un acordo vixente ata 2018 e cun financiamento de 180.000 euros, abre unha nova vía de traballos e colaboracións para o Centro de Estudos da Historia a Cidade da USC, ao tempo que constitúe un novo nicho de emprego para os titulados en Humanidades e Ciencias da Cultura egresados da Facultade de Humanidades da USC.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2016-11-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES