Notas de prensa

O Plan de vialidade invernal 2016-2017, activo entre o 1 de novembro e o 30 de abril

O plan, operativo ata finais de abril de 2017, conta cun operativo de 26 centros, 5.200 toneladas de fundentes e preto de 500 profesionais para velar pola seguridade nas estradas autonómicas. Vázquez Mourelle salienta que este plan ten como obxectivo facer fronte aos posibles efectos da climatoloxía adversa nos 5.500 km de vías de titularidade autonómica.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, visitou un centro de conservación e explotación desta provincia, que está enmarcado no operativo do Plan de vialidade invernal no que o Goberno galego dispuxo 26 centros, 5.200 toneladas de fundentes e preto de 500 profesionais que velarán pola seguridade nas estradas autonómicas.

O Goberno galego, a través do Plan de vialidade invernal, ten como obxectivo facer fronte aos posibles efectos da climatoloxía adversa nos 5.500 quilómetros de estradas de titularidade autonómica.

Vázquez Mourelle destacou que este plan está operativo desde o 1 de novembro ata o 30 de abril, contando cos medios materiais e humanos necesarios para facer fronte ás condicións meteorolóxicas adversas, reducindo riscos e mantendo nas mellores condicións posible as vías autonómicas.

No caso concreto da provincia de Ourense, para atender os 1.000 km de estradas autonómicas existentes, o Plan de vialidade invernal conta cun dispositivo de 3 centros e 3 subcentros de conservación e explotación; case 2.000 toneladas de fundentes; 50 máquinas (camións, retroescavadoras, esparexedoras de sal...) e un equipo humano formado por 102 profesionais.
Concienciación social

A conselleira subliñou que “ningún plan da Administración pode substituír a prudencia e a concienciación social, polo que lle pedimos aos condutores que extremen as precaucións ao volante e sigan as recomendacións da Dirección Xeral de Tráfico para evitar complicacións”.

A responsable de Infraestruturas reiterou que “esta é unha petición constante sempre que falamos deste tema, pero que queremos ter especialmente presente en datas tan próximas ao día mundial en recordo das vítimas de accidentes de tráfico”.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2016-11-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES