Notas de prensa

Ourense acollerá a celebración do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións

Do 23 ao 25 de outubro, o campus de Ourense acollerá a celebración do XVII Congreso Galego de Estatística e Investigación de Operacións, organizado polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións (Sgapeio). O seu obxectivo é contribuír á divulgación dos avances na teoría, nas aplicacións e na didáctica destas disciplinas das matemáticas.

O congreso conta cun Comité Organizador formado por un amplo grupo de persoal docente e investigador da Universidade de Vigo encabezado por Ana Pérez e Tomás R. Cotos (presidentes do comité) e Manuel A. Mosquera (secretario). Neste comité tamén participan o Instituto Galego de Estatística e o IES As Barxas (Moaña). A cita celébrase ademais na semana na que se conmemora o Día Mundial da Estatística, o 20 de outubro.

O evento, que terá lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, conta co patrocinio de SiDOR Research Group, a Vicerreitoría do Campus de Ourense e o Campus Auga da Universidade de Vigo; o Grupo de Modelización, Optimización e Inferencia Estatística da Universidade da Coruña; o Grupo de Modelos de Optimización, Decisión, Estatística e Aplicacións da Universidade de Santiago de Compostela; o Centro de Investigación e Tecnoloxía Matemática de Galicia (CITMAga) e a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.

Tres días de intensa actividade

Formando parte desta cita en Ourense terá a lugar a Xornada de Aplicacións de Estatística e Investigación de Operacións na Agricultura e o Medio Ambiente e as II Xornadas de Innovación Docente na Estatística e Investigación de Operacións. Ao longo de tres días de actividade, o congreso contará cun amplo panel de conferencias plenarias, mesas redondas, obradoiros e comunicacións a cargo de especialistas nas diferentes materias. As mesas redondas abordarán cuestións como a deriva da estatística oficial e a estatística nas probas de acceso á universidade (PAU) e as comunicación cuestións referidas por exemplo á teoría de xogos e á estatística pública. Ademais haberá obradoiros de temas como o software Pyomo e datos computacionais. As conferencias plenarias correrán a cargo de Juan Carlos Escanciano (Universidad Carlos III de Madrid), Wenceslao González (Universidade de Santiago de Compostela), Josep Freixas (Universitat Politècnica de Catalunya), Javier Palarea (Universitat de Girona) e Anabel Forte (Universitat de València).

O XVII Congreso de Estatística e Investigación de Operacións, indican desde a súa organización, forma parte da intensa programación que, desde hai anos, desenvólvese desde a Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e a Investigación de Operacións a través de reunións científicas, boletíns informativos, intercambios nacionais e internacionais e fomento da relación entre as universidades galegas e os sectores público e privado, co obxectivo de a estimular a investigación e a difusión da estatística e da investigación de operacións ao servizo da ciencia e da sociedade.

Universidade de Vigo (UVigo), 2025-10-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (premios-nacionales-artesania-2026.jpg) Un total de cinco candidaturas galegas optan como finalistas aos XIX Premios Nacionais de Artesanía, convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo a través da Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía, Fundesarte. Galicia convértese así na comunidade con máis finalistas, con candidaturas en catro das cinco categorías. En concreto, os ceramistas Barreiros Artesanía e a deseñadora e redeira Amalia Puga optan ao Premio Produto, mentres que Sandra Vilas —especializada en feltro— é candidata por segundo ano consecutivo ao Premio Emprendemento. Na categoría Promociona para Entidades Privadas, resultou finalista a asociación APAMP e a súa marca A Casa Rodante; e no Promociona para Entidades Públicas, é candidata a Fundación Pública Artesanía de Galicia, polo seu proxecto Aprender da tradición. Oficios e técnicas.
Foto de la tercera plana (xuventude.jpg) O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, anunciou que a Xunta vai desenvolver o título II da Lei de Xuventude de Galicia' para mellorar a calidade dos servizos que se prestan á mocidade galega con medidas para 'incrementar o número de monitores nos campamentos ou flexibilizar os requisitos para poder exercer este traballo'. Así se recolle no proxecto de decreto co que se actualiza o segundo título desta normativa que foi avaliado hoxe no Consello da Xunta e que se publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia 'despois dun longo proceso de participación e diálogo cos axentes implicados' a través de distintos espazos de escoita activa como reunións, sesións de traballo, unha caixa de correos ou foros. O obxectivo, segundo explicou Calvo, é 'actualizar e adaptar a normativa ás necesidades xurdidas nos últimos anos'.

Notas

A Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela celebra a concesión do Premio Diego Bernal 2027 a Xosé López García, xornalista, doutor en Historia e profesor emérito do centro. A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) acordou por unanimidade concederlle o galardón en recoñecemento a unha traxectoria de case cinco décadas dedicada ao xornalismo, á docencia e á investigación.
No marco do proxecto transfronteirizo Bio Transfer GNP, liderado polo centro de investigación interuniversitario Ecobas, o campus de Ourense acolleu este mércores o lanzamento dunha ferramenta baseada en intelixencia artificial que permite identificar recursos e oportunidades para impulsar a economía circular a partir de subprodutos da cadea de valor alimentaria da eurorrexión Galicia-norte de Portugal.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES