Notas de prensa

Pepe Solla e Analís abren no Hotel Finisterre o ciclo Enocións by Ribeiro na Coruña

A primeira sesión na cidade herculina deste ciclo, organizado polo C.R.D.O. Ribeiro, celebrarase no Hotel Fisniterre e incluirá a degustación dunha selección de viños introducida por Cristina Alcalá. Pepe Solla, cunha estrela Michelín e tres soles Repsol, é un dos máximos expoñentes da cociña galega de vangarda e fundador do Grupo Nove de 22 cociñeiros galegos.

Enocións by Ribeiro, ciclo organizado polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro (C.R.D.O Ribeiro), chegará este novembro á Coruña con dúas sesións de maridaxe entre viño, música, cultura e gastronomía. A primeira delas celebrarase o martes 22 de novembro no Hotel Hesperia Finisterre (Paseo Parrote, 2-4) ás 20.00 horas e contará co cociñeiro Pepe Solla e a sesión musical a cargo de Analís, ademais da degustación de viños ribeiro introducida por Cristina Alcalá, xerente da C.R.D.O. Ribeiro.

Pepe Solla, cunha estrela Michelín e tres soles Repsol, é un dos máximos expoñentes da cociña galega de vangarda. Fundador do Grupo Nove, é xefe de cociña e propietario de Casa Solla. Desde os seus inicios nos fogóns, Solla impartiu multitude de cursos, clases maxistrais e demostracións culinarias. Ao longo da súa carreira, recibiu un gran número de distincións, entre as que se poden destacar Mellor Chef de Galicia 2013 no Festival Arco Atlántico, Premio Caldereta 2009 do diario El Comercio ou o Premio Fundación Dionisio Duque.

Analís. Iniciou no 2001 a súa carreira. Desde os seus comezos, residiu nas cabinas dos máis destacados clubs do circuíto indie coruñés, desde o Pub Electra até o Bar Soho, pasando polo Small's, o Rock'n Roll, O Puticlú o O Campus da Discoteca Pirámide. Ademais, participou como invitada en locais como el Playa Club ou O Polvorín.

Os viños da D.O Ribeiro Cunqueiro (Bodegas Cunqueiro), Canción de Elisa (Adega Dona Elisa), Alberte (Bogedas Nairoa) e 3URA (Bodegas GRM) serán os grandes protagonistas na degustación, que estará introducida por Cristina Alcalá.

Enocións by Ribeiro é un programa de actividades que quere reflectir as emocións que agroman ao degustar os viños da denominación de orixe máis antiga de Galicia, ao tiempo que se goza con distintas expresións artísticas. A música, a gastronomía ou as artes escénicas son algunhas das manifestacións culturais nas que o ciclo centra a súa atención.

Segunda Enoción

O ciclo Enocións By Ribeiro celebrará este mes na Coruña unha segunda sesión o próximo mércores 30 de novembro. Para esta segunda entrega, Enocións chegará ás 20.00 horas á Sala Garufa (Rúa Riazor, 5) coa actuación do bluesman internacional Adrián Costa e a actriz Lucía Regueiro, que será a encargada de presentar o evento. A degustación centrarase nos viños Finca Viñoa (Finca Viñoa); Colección 68 Treixadura (Viña Costeira); Carlos Villanueva (Bodegas Villanueva) e Eduardo Peña (Bodega Eduardo Peña).

D.O. Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro é a máis antiga de Galicia, oficialmente protexida no ano 1932, e unha das máis antigas de España. Actualmente confórmana 107 bodegas situadas nos vales formados polos ríos Miño, Avia e Arnoia, no noroeste da provincia de Ourense. A D.O. Ribeiro ten unha extensión de 2.646 hectáreas de vide situadas nos municipios de Arnoia, Beade, Boborás, Carballeda de Avia, Carballiño, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Ourense, Punxín, Ribadavia, San Amaro e Toén. Un territorio de gran diversidade vitivinícola onde traballan uns 5.800 viticultores.

A D.O. Ribeiro produce viños brancos e tintos xenuínos con variedades autóctonas locais: Treixadura, Loureira, Sousón, Brancellao… Así como o Tostado do Ribeiro, un viño naturalmente doce de longa tradición na zona que data do século XIX. A produción da colleita 2015 na Denominación de Orixe foi de 14,3 millóns de quilos de uva. O 90% da produción total é viño branco e 10% viño tinto.

Alberto Ramos, 2016-11-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (estudantes.jpg) A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
Foto de la tercera plana (incendios-xente.jpg) O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.

Notas

A Universidade de Santiago de Compostela presenta a súa programación para o Outono Cultural de 2026, unha proposta que reúne música, exposicións, audiovisual, teatro e formación, con novas iniciativas que amplían a oferta en materia de cultura da institución. Entre as principais novidades no campus compostelán destaca ‘Sons de peto’, un novo ciclo de música de pequeno formato pensado para un gran espazo como a Igrexa da Universidade.
Ecofeminismo, arte en contexto, comunidade, herdanza e territorio. Estes cinco conceptos guían ao longo desta semana os once artistas, investigadoras e investigadores que participan en Ons na residencia Geografía Poética, promovido pola profesora da Facultade de Belas Artes da UVigo Holga Méndez e a docente da Universidad de Zaragoza Belén Díez, no marco da rede europea Artistic Intelligence. Responsiveness, accessibility, responsibility, equity (ARTinRARE).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES