
Invitados polo Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo, 30 usuarios de Aspnais visitaron o Pazo de Xustiza da capital lucense, e asistiron a un xuizo celebrado no Xulgado número 1 do Penal.
A invitación para que usuarios de Aspnais acudiran á sede lucense dos xulgados e á Audiencia Provincial, xurdÃu a raÃz da visita que o Sr. Varela Agrelo efectuou aos talleres da Asociación provincial de paÃs e titores de persoas con discapacidade intelectual (Aspnais), dentro do programa de visitas que se viñeron efectuando ao longo deste ano, con motivo de cumprirse o primeiro medio século desta entidade.
En Aspnais considerouse do maior interese esta visita, que forma parte do conxunto das que se viñeron efectuando para que os usuarios da entidade teñan cabal coñecemento da realidade polÃtica, social, relixiosa, cultural e –neste caso- xudicial da capital lucense.
Os membros de Aspnais chegaron ao edificio dos xulgados ás once da mañán, e alà asistiron a un xuizo no xulgado do Penal número un, sobre un tema de agresións á PolicÃa Nacional que se producÃu na mesma ComisarÃa de PolicÃa, seguindo atentamente a acusación do Fiscal, as argumentacións do Avogado Defensor, a declaración da acusada, as preguntas e repreguntas de Fiscal e Defensor a esta asà como aos tres membros da PolicÃa Nacional que acudiron a testificar sobre o acontecido, e a declaración final da XuÃza de que o caso queda "Visto para Sentencia".
Finalmente, os usuarios de Aspnais, e os seus acompañantes entre os que estaba o Presidente da Asociación, José Reigosa GarcÃa, foron recibidos á entrada da Audiencia provincial polo Presidente da institución, José Antonio Varela Agrelo, que os conducÃu ao salón de xuizos do Civil, onde departiu amplamente con todos eles explicando o papel da Xustiza na aplicación das leis e contestou ás numerosas preguntas formuladas polos visitantes.
Outro grupo de usuarios de Aspnais visitarán as dependencias da Garda Civil na capital lucense durante a mañán do xoves, dÃa 24 de novembro.
A ConsellerÃa de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios especÃficos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román RodrÃguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da ConsellerÃa do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes asà como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.