
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reivindicou o papel dos parlamentos e dos medios de comunicación como foros nos que asistir a un debate fecundo de ideas e posicións, no que tanto o gañador como o perdedor son sempre provisionais, aseverou.
Durante a inauguración da exposición El País en ruta, Santiago de Compostela, Feijóo lembrou que a democracia, como sistema flexible, fai posible corrixir erros, matizar rumbos e trasladar con présa as demandas cidadás ás institucións; e é esa flexibilidade a que explica a súa pervivencia, fronte a modelos en aparencia máis fortes, pero ríxidos, precisou.
Os parlamentos e as democracias son outros inventos antigos tampouco superados. Abolidos, desprezados, atacados, pero nunca superados. Ningún pobo prescindiu voluntariamente da democracia nin do parlamento. Sempre foron aqueles que suplantan a vontade da xente ou se presentan como os seus únicos representantes, os que se apresuran a enterralos, abundou, facendo fincapé en que os mesmos que insisten en declaralos obsoletos e incapaces teiman en limitalos ou suprimilos.
En relación aos medios de comunicación, o titular do Goberno galego subliñou que serven para rexistrar a historia cotiá dun pobo e agrupar en torno a eles os cidadáns desexosos de informarse, comunicarse e facerse oír. Os xornais son a ágora moderna, o lugar onde se condensa a vida dun país e onde latexa o sentir dos que o habitan, dixo, incidindo en que o seu éxito, tamén o dá a xente, mediante un plebiscito esixente, diario e mesmo instantáneo cando se trata da oferta dixital.
Nesta liña, destacou o valor desta exposición, xa que repasar os últimos 40 anos da man destas fotografías, dixo, permite valorar o noso pasado tal como foi, sen que ninguén teña a tentación de reescribilo. Son un garante de que o futuro coñeza o rexurdimento que está protagonizando o noso pobo, axudado por instrumentos antigos pero insubstituíbles, como os medios de comunicación, convivindo nunha democracia que se renova e actualiza todos os días.
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.
O Instituto Nacional de Estatística (INE) publicou este martes os datos da enquisa de ocupación hoteleira na comunidade galega, que revelan que os hoteis e pensións galegas ingresaron nos oito primeiros meses do ano 334,7 millóns de euros, que revelan un incremento do 6,6% con respecto ao mesmo período do pasado ano. A rendibilidade hoteleira medra nos oito primeiros meses do ano o 7,5%. Só no mes de agosto, o sector tivo uns ingresos de 92,4 millóns de euros que se traducen nunha suba do 8,8% con respecto ao mesmo mes do ano pasado. Por primeira vez supérase a barreira dos 90 millóns de euros de ingresos no mes de agosto rexistrando un máximo histórico.