//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, salientou que a chegada do AVE a Ourense é un novo éxito colectivo e animou a concluílo para aproveitar ao máximo este activo de valor incalculable. No acto institucional de inauguración da liña Madrid-Ourense, que contou coa asistencia da Súa Maxestade O Rei Felipe VI, Feijóo celebrou a chegada dun momento histórico tras alcanzar unha meta longamente agardada e tamén intensamente demandada. 'Para os galegos é un antes e un despois. Supón competir en termos de igualdade co Mediterráneo, o Sur e, en definitiva, coa maior parte de España', expresou.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, reclamou hoxe no comité preparatorio da Conferencia de Presidentes celebrado en Madrid que no encontro dos mandatarios autonómicos que terá lugar en xaneiro nas Illas Canarias se aborden asuntos cruciais para Galicia como o reto demográfico, o financiamento autonómico ou os fondos covid. Rueda, que valorou positivamente a reunión previa para acordar os temas de interese que se abordarán na Conferencia de Presidentes, dixo que Galicia acudía a este encontro con toda a vontade de chegar a acordos, e reclamou que na axenda figuren as prioridades das comunidades autónomas, ao entender que esa é a finalidade da Conferencia.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, defendeu hoxe en Bruselas a importancia de previr o abandono da terra para facer fronte ao reto demográfico. Xesús Gamallo foi o representante galego na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexóns (CdR) na que se debateu sobre a resposta que debe dar a UE aos retos das zonas rurais. Durante a última reunión do ano, a comisión NAT deu o visto bo ao proxecto de ditame sobre a Visión a longo prazo das zonas rurais, o documento estratéxico que presentou a Comisión Europea o pasado mes de xullo co obxectivo de mellorar a calidade de vida e a resiliencia das zonas rurais para o ano 2040.
Galicia recibirá só o 0,5% dos 4.000 millóns do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para reforzar a conectividade e destinaranse a catro actuacións definidas polo Estado para todas as comunidades autónomas. O reparto de fondos publicouse hoxe no Boletín Oficial do Estado en catro reais decretos para a concesión directa ás comunidades autónomas das axudas para a para a conectividade dixital no marco deste plan. Segundo recolle o BOE o Estado destinará ás comunidades só un 9% dos máis de 4.000 millóns de euros do Plan. Ademais de tratarse dun importe mínimo, hai que ter en conta que estes fondos só se poderán empregar para a posta en marcha das actuacións xa predefinidas polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital.
O Servizo Galego de Saúde vén de situar a Galicia como unha das oito comunidades autónomas que notificaron ao Rexistro Estatal de Enfermidades Raras casos pertencentes a algunha das 22 patoloxías priorizadas polo Ministerio de Sanidade. O traballo dos profesionais sanitarios galegos e a utilización das novas ferramentas tecnolóxicas, permitiron ao Sergas aportar casos de todas as enfermidades obxecto de rexistro neste primeiro informe nacional. Entre os anos 2010 e 2018, que abrangue o informe, a comunidade galega notificou 1.299 casos pertencentes a estas enfermidades.
Alberto Núñez Feijóo e o presidente da Junta de Andalucía, Juan Manuel Moreno Bonilla, acordaron impulsar a cooperación entre ambas comunidades para lograr unha economía competitiva e sustentable co apoio dos Next Generation e a cogobernanza efectiva. Unha colaboración que quedou plasmada nunha declaración conxunta, asinada por ambos os presidentes. Entre os asuntos abordados, o responsable do Goberno galego referiuse primeiramente ao Camiño de Santiago e ao compromiso de impulsar a Vía da Prata, a través do grupo de traballo entre Andalucía, Estremadura, Castela e León e Galicia.
A conferencia Fondos Europeos: Miño e Galicia, organizada pola Confederación empresarial da Rexión do Miño, (ConfMinho), celebrada hoxe en Braga amosou que os empresarios e os axentes políticos de Galicia e o Norte de Portugal están decididos a aproveitar ao máximo, e en total sintonía, as oportunidades que ofrece para a Eurorrexión o novo marco financeiro plurianual 2021-2027. En concreto, os relatores apostaron polo tren de alta velocidade e a transición dixital, se ben coincidiron tamén á hora de pedir unha maior cohesión territorial na Eurorrexión.
A primeira xuntanza da mesa industrial de Vestas para buscar solucións que garantan a continuidade do emprego na factoría de Viveiro celebrouse en Santiago de Compostela coa asistencia por parte da Xunta do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, e da conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, que estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias. Asistiron tamén á reunión, convocada pola Xunta de Galicia, representantes do Goberno central, da empresa, do comité de empresa e dos sindicatos.
Na reunión participaron os representantes das Comunidades Autónomas de Galicia, Castela e León, Estremadura e Andalucía, e os representantes das Comisión de Coordinación e Desarrollo Rexional do Norte (CCDR-N), Centro, Alentejo e Algarve. A reunión foi copresidida polo director xeral dos Asuntos Europeos do Ministerio de Negócios Estrangeiros de Portugal e pola secretaria xeral técnica do Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación de España. A Xunta destacou as prioridades reflectidas no documento consensuado coa de Portugal que se enviaron aos gobernos español e portugués para ser tidas en conta no próximo Cumio Ibérico Hispano-Luso. As propostas amosan as necesidades reais e actuais na Eurorrexión.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta primeira e ministra de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, de aportar solucións á crise industrial e apostar por proxectos que modernicen a economía e consoliden o emprego. Durante a xuntanza, Feijóo referiuse deste xeito a distintos asuntos clave para a Comunidade, como a distribución dos fondos Next Generation, a dixitalización, a inclusión financeira ou a prolongación das deducións fiscais do Xacobeo ata 2023.
Clausuradas as xornadas conmemorativas do 25 aniversario desta institución. Destaca que estes 25 anos son proba suficiente de que o Valedor ten o aprecio e máis a confianza da cidadanía.
Os bipartitos municipais enfilan a súa recta final deixando tras deles un rastro de desgoberno, parálise, desunión, enfrontamentos e malas noticias. A vitoria de Feijóo nas autonómicas foi unha bofetada a un modelo de xestión baseado na constitución de dous gobernos paralelos na que sobran enfrontamentos e tensións e falta cordialidade, coordinación e traballo en equipo.
O financiamento autonómico, as infraestruturas, o sector primario, a lei de dependencia e o voto en urna polos emigrantes centran os temas que Núñez Feijóo leva en carteira ao Palacio da Moncloa.
Ante as acusacións do sindicato CIG-Ensino convídaselles a que digan claramente á opinión pública que os pais non deben ser tidos en conta. A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria defende a legalidade da consulta aos pais sobre o uso da lingua.
A Comisión de Goberno do Concello de Palas de Rei acordou dirixirse a Consellería de Política Territorial para solicitar a reparación do vial autonómico que une Palas de Rei con Friol.
O Rei de España, don Juan Carlos de Borbón, expresou a súa intención de presidir os actos conmemorativos do 25 de xullo con motivo da celebración do Ano Santo Compostelán. Visitou por primeira vez a residencia de Monte Pío desde a súa inauguración en 2002.
Coa finalidade de potenciar a participación cidadá no Núcleo de Sostibilidade de Muros.
Núñez Feijóo trasládalle a Benigno López o respecto polo seu labor e comprométese a responder en tempo e forma ás súas queixas e recomendacións. Tamén comprometeu apoio e participación do Goberno galego na celebración do 25 aniversario do Valedor do Pobo.
O BNG preséntase para defender outra idea de Europa, según a candidata Ana Miranda. Onde está Europa neste tempo de crise, no que mesmo Estados Unidos está facendo políticas máis progresistas que as propias institucións comunitarias, dixo.
O alcalde Vicente Irisarri destaca que as medidas a aplicar fomentarán a cohesión territorial en beneficio da competitividade. Representantes de 23 cidades de Galicia e do Norte de Portugal celebraron no pazo municipal este foro de debate.