//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enviou onte unha carta ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, para solicitarlle que na Conferencia de Presidentes que se celebrará o vindeiro domingo en La Palma se aborde a aprobación dun Plan español de acollida para persoas refuxiadas procedentes de Ucraína, elaborado en coordinación entre o Goberno central e as CC.AA. e que conte tamén coa aportación das entidades locais. Feijóo recordou que, segundo datos de Acnur, son xa millón e medio os ucraínos que tiveron que abandonar o seu país nos últimos días a causa da invasión rusa e, ante a situación dramática que se está a vivir, subliñou que os poderes públicos deben poñerse á fronte da corrente de solidariedade que emana dos españois, ordenala e canalizala de xeito adecuado.
Galicia trasladou este venres ao Goberno central a súa oferta dun milleiro de prazas de acollida en distintos centros para recibir a refuxiados a guerra en Ucraína. Ao mesmo tempo, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou esta dispoñibilidade para axudar a calquera persoa afectada polo conflito. Neste senso, sinalou que o Goberno autonómico está a orde do que concreten os ministerios competentes en materia de acollida e acción humanitaria, e apuntou que hai tempo que a Xunta se puxo en contacto coa recentemente creada Asociación Galega de Axuda a Ucraína para mostrar o seu apoio.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe a condena a agresión inxustificada de Rusia a Ucraína e amosou o apoio ao pobo ucraíno. 'Galicia non pode ser allea a esta situación, unha das máis graves vividas en Europa desde a segunda guerra mundial', abundou. Fíxoo con motivo da aprobación dunha Declaración Institucional no Consello da Xunta, na que tamén se reafirmou o compromiso cunha política exterior da UE e a Alianza Atlántica en defensa da paz e da estabilidade e o apoio ao Goberno de España dentro dos principios de unidade e Acción Exterior.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pedirá na Conferencia de Presidentes a descentralización dunha parte dos fondos Next Generation para que o Goberno central comparta coas autonomías a responsabilidade da recuperación. Así o puxo de manifesto durante a celebración da gala do 5º aniversario do Foro Empresa Pontevedra. Ao longo da súa intervención, Feijóo expuxo novamente a falta de axilidade no reparto, que fai que máis da metade dos fondos non se traduciran aínda en convocatorias; ademais de lamentar que do total dos fondos que Europa destina a España, o Goberno resérvase 7 de cada 10 euros, 'e a totalidade dos relativos á industria'.
O novo plan divídese en dous fondos: un financiamento non condicionado, é dicir, fondos de libre disposición para os campus, como por exemplo, para gasto corrente e mantemento de infraestruturas; ou para o plan de viabilidade financeira, eficiencia e mellora enerxética. E un financiamento da investigación para impulsar a I+d+i, cun 41% máis de investimentos, ata chegar aos 400 millóns de euros no quinquenio. Cun plan de financiamento a medio prazo, a Comunidade é pioneira en dar estabilidade e certezas ás universidades, como o é tamén na conxelación das taxas de matrícula desde o curso 2011-2012.
O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 terá como prioridades acadar unha recuperación sostible, resistente e inclusiva; deseñar a Galicia do futuro poñendo no centro o reto demográfico; acadar unha Galicia máis sostible e climaticamente neutra; promover unha sociedade innovadora, moderna, competitiva, solidaria e cohesionada; favorecer os valores diferenciais de Galicia como motores de desenvolvemento; e garantir unha senda previsible, rigorosa e estable de actuación do Goberno galego a medio prazo.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, acordaron que a Xunta e o Goberno central xestionen conxuntamente o Ingreso Mínimo Vital (IMV). Trátase dunha fórmula que xa se emprega coas pensións non contributivas, nas que os fondos proveñen da Administración Xeral do Estado e a tramitación e pagamento aos beneficiarios depende da comunidade autónoma. 'Galicia xestiona 37.000 pensións non contributivas, polo que pensamos que o Ingreso Mínimo Vital debería funcionar dunha forma parecida, é dicir, a través dunha xanela única para todos os cidadáns', explicou Feijóo.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, trasladou á vicepresidenta terceira e ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Teresa Ribera, a oportunidade que a fábrica de fibras téxtiles e o centro de economía circular, que optan aos fondos europeos Next Generation, supoñen para afrontar a transición enerxética en España. 'Acordamos seguir avaliando ambos proxectos que cremos poden ser moi interesantes para os plantexamentos medioambientais do Goberno central', dixo , recordando que a fábrica de fibras téxtiles é clave para seguir aproveitando a capacidade forestal da comunidade e, adicionalmente, o proxecto de economía circular permitiría tratar 7.000 toneladas de xurro.
Tivo lugar o II encontro do grupo de traballo da Macrorrexión do Suroeste Europeo (Resoe) e a Conferencia de Reitores das Universidades e Institutos Politécnicos do Suroeste Europeo (Crusoe). No encontro participaron representantes das rexións que forman parte de RESOE, isto é, Galicia, Castela e León, Asturias, Cantabria e as rexións Norte e Centro de Portugal. Na xornada informouse sobre os proxectos e actividades desenvolvidas por CRUSOE durante a pandemia do coronavirus así como as iniciativas que se desenvolverán durante 2022 e 2023.
"Chegadas estas datas, é tempo de botar a vista atrás e facer balance dun ano que unha vez máis volveu estar condicionado pola covid e que lamentablemente volve a condicionar este Nadal, que non está a ser como a todos nos gustaría."
O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas entregou o documento do texto reformado da Lei aos representantes da Fegamp. O representante do Goberno solicitou colaboración e traballo efectivo por parte de todos os implicados para pechar un texto consensuado.
O presidente galego salienta, na súa primeira visita institucional á cidade, a vontade da Xunta de acurtar os prazos das obras da parte autonómica da Terceira Rolda para que no primeiro semestre de 2011 estea lista a conexión Penamoa-Pocomaco.
Fronte a opacidade, a imposición e o oportunismo político do goberno do PSOE en Madrid a Xunta amosou sempre unha disposición plena ao diálogo e a transparencia na procura dunha postura común polo interés xeral de Galicia indicou o viceportavoz popular Pedro Puy.
O Grupo Parlamentario do PPdeG celebrou unha xuntanza en Camariñas na que abordou cos alcaldes e presidentes locais do partido na comarca os principais problemas e necesidades da Costa da Morte.
O equipo de goberno presenta o programa provincial para a segunda metade do mandato. Abrir física e ideoloxicamente a Deputación, saldando as débedas históricas, principais liñas de actuación da primeira metade do mandato. Ámbolos dous responsables afirmaron que non podiamos fallar.
Rueda anuncia que os deputados do PPdeG sairán á rúa a consesuar as súas iniciativas coa sociedade galega para fuxir dos erros dun bipartito que gobernou de costas aos cidadáns.
Joaquín García Díez apuntó que estas cosas pasan cuando uno se cree por encima del bien y del mal y no permite que nadie aporte ideas e iniciativas. 25 pares de ojos ven más que 12.
Os enfrentamentos entre ambas forzas reprodúcense de forma exponencial desde que o 1-M demostará que os galegos non queren gobernos que estean máis ocupados en enfrentarse entre eles que en encontrar solucións aos problemas da xente.
O PPdeG logra a unanimidade no Parlamento para solicitar que, coincidindo co Xacobeo 2010 e a Presidencia española na UE, se celebre un Consello de Ministros, preferiblemente de Cultura. A iniciativa foi consensuada polos tres grupos parlamentarios.
Como era de esperar, os nacionalistas non ven problema en dar por finalizados traballos non acabados en tempos do bipartito pero si ao feito de que o conselleiro de Medio Ambiente dese o visto e prace a unha certificación efectuada por outra persoa nunha etapa anterior.