Noticias

O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 achégase á sociedade galega

O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 terá como prioridades acadar unha recuperación sostible, resistente e inclusiva; deseñar a Galicia do futuro poñendo no centro o reto demográfico; acadar unha Galicia máis sostible e climaticamente neutra; promover unha sociedade innovadora, moderna, competitiva, solidaria e cohesionada; favorecer os valores diferenciais de Galicia como motores de desenvolvemento; e garantir unha senda previsible, rigorosa e estable de actuación do Goberno galego a medio prazo.

A Xunta inicia hoxe o contacto con máis de 300 expertos de distintos eidos profesionais para presentar as principais liñas do Plan Estratéxico de Galicia (PEG) 2021-2030 de xeito telemático. Trátase de recoñecidos expertos do eido social, académico, empresarial e asociativo que participan hoxe e mañá en sesións de traballo divididas en dúas partes.

Na parte común, ás 10,00h farase a presentación do borrador do PEG 2021-2030 cos seus obxectivos xerais, estrutura e metas principais. A partir das 10,30h, e de xeito simultáneo, terán lugar dúas sesións específicas cada día, nas que a través de relatorios de destacados xestores de distintos departamentos da Xunta se analizarán os obxectivos estratéxicos dos eixes nos que se estrutura o plan.

Así, hoxe luns, abordarase o Eixe 1: reto demográfico, no que se falará de temas como “Emprego de calidade”, “Atención ao benestar”, “Vivenda accesible” e “Protección da saúde”. En torno ao Eixe 2: Galicia verde e sostible os relatorios centraranse nos temas “Fomento dunha economía baixa en carbono”, “Cambio climático”, “Mobilidade sostible e infraestruturas” e “Patrimonio natural”.

As xornadas de presentación dos obxectivos estratéxicos do Plan continuarán mañá martes no mesmo horario e tamén de xeito telemático. Nesta segunda e última xornada, despois da presentación, os expertos do Eixe 3: Competitividade e Crecemento analizarán asuntos de importancia crucial neste ámbito, como “I+D+i”, “Sociedade dixital”, “Fomento do emprendemento e investimento”, “Turismo” e “Sector agrogandeiro, forestal e do mar”. No Eixe 4: Cohesión social e territorial, os temas sobre os que se debaterá son “Educación inclusiva e de calidade”, “Igualdade e inclusión social”, “Cultura” e “Cohesión territorial”.

O novo Plan

O Plan Estratéxico de Galicia 2021-2030 terá como prioridades acadar unha recuperación sostible, resistente e inclusiva; deseñar a Galicia do futuro poñendo no centro o reto demográfico; acadar unha Galicia máis sostible e climaticamente neutra; promover unha sociedade innovadora, moderna, competitiva, solidaria e cohesionada; favorecer os valores diferenciais de Galicia como motores de desenvolvemento; e garantir unha senda previsible, rigorosa e estable de actuación do Goberno galego a medio prazo.

En definitiva, o novo Plan pretende definir os obxectivos estratéxicos coa finalidade de converter a Galicia nunha rexión máis verde, máis dixital e mellor adaptada aos retos actuais e futuros, que converxa en riqueza coa media española e europea, logrando unha recuperación sostible, resistente e inclusiva.

Galicia é a comunidade autónoma de referencia en vencellar a acción de Goberno á planificación estratéxica. De feito, foi pioneira na aprobación dun plan estratéxico de carácter global, e este será o terceiro plan que aproba a Comunidade Autónoma despois dos xa aprobados para os períodos 2010-2014 e 2015-2020.

R., 2022-02-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES