Noticias

Feijóo e Escrivá acordan que a Xunta e o Goberno central xestionen conxuntamente o Ingreso Mínimo Vital

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, José Luis Escrivá, acordaron que a Xunta e o Goberno central xestionen conxuntamente o Ingreso Mínimo Vital (IMV). Trátase dunha fórmula que xa se emprega coas pensións non contributivas, nas que os fondos proveñen da Administración Xeral do Estado e a tramitación e pagamento aos beneficiarios depende da comunidade autónoma. 'Galicia xestiona 37.000 pensións non contributivas, polo que pensamos que o Ingreso Mínimo Vital debería funcionar dunha forma parecida, é dicir, a través dunha xanela única para todos os cidadáns', explicou Feijóo.

Incidiu ademais en que esta fórmula será boa para o Goberno central, para a Administración autonómica e, sobre todo, para os cidadáns. Esta coxestión levarase a cabo, tal e como puntualizou o presidente, con “solidariedade e lealdade”.

“Esperemos que nas próximas semanas poidamos ter un texto no que avanzar”, afirmou Feijóo, recalcando que este acordo é positivo para unha xestión eficiente do gasto público e para unificar as rendas mínimas que están á disposición dos galegos.

O encontro entre o titular do Executivo galego e o ministro Escrivá serviu ademais para presentar o proxecto que Xunta e Goberno central porán conxuntamente en marcha para axudar á inclusión social das familias con menos recursos e con menores a cargo.

Cun investimento de 10,7 millóns de euros e máis de 1.700 familias beneficiarias, estes fogares terán a súa disposición un apoio social personalizado, destinado a achegar estabilidade e certezas á familia e a apoiar a traxectoria escolar dos nenos. Dentro deste acompañamento desenvolveranse medidas como clases de reforzo escolar, asesoramento para mellorar a empregabilidade, cursos para a xestión da economía doméstica ou de promoción de hábitos saudables e axudas directas para o pago do aluguer, compra de gafas ou facturas de dentista.

“Creo que esta iniciativa é unha boa colaboración entre dous gobernos para xuntos impulsar a inclusión. Unha iniciativa útil para depender o menos posible da Risga ou do ingreso Mínimo Vital, para buscar un traballo e ter así un salario que permita abandonar esa situación”, abundou.

Ao longo do encontro, Feijóo referiuse tamén á reforma do sistema de cotización dos autónomos e á necesidade de que as cotizacións se axusten aos ingresos; así como a importancia de que España avance cara a un sistema de pensións que garanta a cohesión interxeracional, un elemento que esixe un sistema con vocación de permanencia.

Por último, o responsable do Executivo galego trasladou ao ministro Escrivá a necesidade de contar cunha política de retorno activo por parte da Administración Xeral do Estado, como piar fundamental das medidas de reto demográfico. “Nos vindeiros anos necesitaremos poboación activa, capacidade de produción e que mellor que impulsar unhas políticas activas de emigración en favor dos españois residentes no exterior; españois que emigraron e que os seus fillos naceron na diáspora, pero que teñen pasaporte da Unión Europea”, dixo, recordando as iniciativas que, neste eido, está a desenvolver a Comunidade co fin de facilitar o regreso dos galegos do exterior.

R., 2022-01-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES