
Logo de recordar que Galicia mantivo contactos co Ministerio de Exteriores, en canto se tivo coñecemento da invasión, para coñecer se algún galego residente en Ucraína precisaba asistencia, Feijóo reiterou a intención da Comunidade seguir colaborando e sendo útil.
A este respecto, salientou o ofrecemento de poñer á disposición preto de 500 camas nas sete áreas sanitarias con espazo específico para pacientes pediátricos e pacientes con tratamento oncolóxico; así como o compromiso de achegar unha listaxe cos recursos dispoñibles para acoller refuxiados.
Ademais, sinalou que se mantiveron reunións e contactos coas asociacións que traballan na protección internacional e coa recentemente creada asociación de ucraínos residentes en Galicia para coñecer as súas demandas e necesidades. Por último, pediu que se habilitase un mecanismo permanente de colaboración para o envío de axuda humanitaria.
Medidas en materia de ciberseguridade
Por outra banda, pero en consonancia co acontecido en Ucraína e ante a existencia dunha situación de ameaza aos servizos públicos a través das redes, Feijóo anunciou que a Xunta seguirá implementando diversas medidas en materia de ciberseguridade, cun investimento de preto de 18 M.
De feito, tal e como lembrou, o Goberno galego participa desde o pasado 21 de febreiro, na actuación coordinada polos ministerios de Defensa e Interior para o reforzo das medidas de ciberseguridade nos ámbitos gobernamentais ante un risco elevado de ciberataques.
Trátase, dixo, de actuacións en tres eixes: a colaboración público-privada, formación e concienciación e infraestruturas e operacións. Entre as que destaca no eido da colaboración, o Nodo Galego de Ciberseguridade e a posta en marcha este ano da nova Estratexia Galega de Ciberseguridade; no ámbito da formación e concienciación o impulso dunha campaña para concienciar á cidadanía e a implementación do servizo para a implantación dunha estratexia de ciberseguridade nas empresas incluído no programa Re-acciona. E, finalmente, en infraestruturas, o máis salientable, abundou, é o Centro de Excelencia de Ciberseguridade de Galicia, que previsiblemente se emprazará en Ourense e cuxas obras comezarán este ano.
Galicia únese á condena europea ao ataque de Rusia a Ucraína
O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, está a representar hoxe a Galicia no Cumio que o Comité Europeo das Rexións (CdR) celebra esta semana na localidade francesa de Marsella.
Na véspera do inicio deste cumio, o órgano de goberno do CdR acordou unha declaración conxunta na que condena a agresión militar non provocada e inxustificada perpetrada polo presidente ruso, Vladimir Putin, contra o Estado independente de Ucraína e solicita que se inicie o proceso para conceder a Ucraína o estatuto de país candidato a entrar na UE.
Destacando que "as cidades e rexións ucraínas son os nosos socios directos", o CdR mostra a súa solidariedade co pobo ucraíno e pide que a UE active o seu Mecanismo de Protección Civil para que se poida prestar asistencia inmediata á cidadanía ante o que consideran unha violación do Dereito Internacional que pon en perigo a seguridade e estabilidade europeas. Así mesmo, pide o apoio da Unión ás rexións transfronteirizas con Ucraína co fin de axudar ás autoridades a acoller e axudar aos refuxiados.
Cómpre lembrar que a Xunta mantén o contacto co Goberno central para artellar e coordinar mecanismos de axuda a Ucraína no que se refire tanto ás as posibles liñas de resposta perante a emerxencia humanitaria como á acollida de refuxiados. Nesta liña, a Xunta trasladará ao Goberno central unha listaxe de recursos dos que dispón para acoller refuxiados do conflito, ademais de habilitar arredor de 500 camas nas sete áreas sanitarias para responder ás súas necesidades sanitarias.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.