Notas de prensa

PSOE e BNG rompen en Fene a súa terceira coalición electoral en dez días e demostran que os bipartitos non funcionan, según o PPdeG

Os enfrentamentos entre ambas forzas reprodúcense de forma exponencial desde que o 1-M demostará que os galegos non queren gobernos que estean máis ocupados en enfrentarse entre eles que en encontrar solucións aos problemas da xente.

O PSOE e o BNG non se entenden. A ruptura de coalición entre ambos partidos que aconteceu hoxe en Fene é a terceira que se produce nestes últimos dez días (xunto a Fene están os casos de Vilariño de Conso e Gondomar). Este acontecemento é unha proba máis de que a coalición entre ambas forzas políticas non só non é fructífera senón que é nociva para os intereses dos veciños.

A unión de ambas forzas xa resultou ser un fracaso a nivel autonómico coa súa ampla derrota o pasado 1 de marzo. Desde esa fecha, os enfrentamentos e os desencontros entre ambas forzas multiplícanse, coñecedeores dun feito claro: que Galicia non quere bipartitos que destiñen o seu tempo en arreglar as súas disputas internas en lugar de gobernar. Por eso, despois de dous anos de coalición PSOE-BNG firmada en Santiago pero aplicada nos concellos os pactos estanse resquebraxando.

O PPdeG lamenta que a falta de entendemento entre estes dous partidos, a súa desunión e a falta de cohesión latente entre ambos poña de manifesto que a alianza entre ambos é antinatural, sen fundamento e só está fundamentada nun aspecto: o seu odio conxunto ao PPdeG. Unha coalición deste tipo é perniciosa e está condenada ao fracaso.

O Partido Popular de Galicia lamenta que as ansias de poder que teñen estes partidos os leven a unirse en contra dos seus principios e das súas tradicións partidistas, pasando por enriba dos intereses dos cidadáns, que son os que terminan pagando a inoperancia, a ineficacia e a pésima xestión destas coalicións.

Os populares creen que estos enfrentamentos repetiranse de forma cada vez máis frecuente en adelante e según se acheguen as eleccións municipais de 2011. Polo tanto, quedan malos tempos para o municipalismo, agora que está claro que PSOE e BNG empezan a quitarse a careta sabedores de que os bipartitos non contan co respaldo da xente. A moda antes era pactar, pero o 1 de marzo cambio a tendencia e agora parece que a moda entre socialistas e nacionalistas é romper.


Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2009-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES