Noticias

Xunta e universidades asinan o Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, dotado con 3.200 millóns de euros

O novo plan divídese en dous fondos: un financiamento non condicionado, é dicir, fondos de libre disposición para os campus, como por exemplo, para gasto corrente e mantemento de infraestruturas; ou para o plan de viabilidade financeira, eficiencia e mellora enerxética. E un financiamento da investigación para impulsar a I+d+i, cun 41% máis de investimentos, ata chegar aos 400 millóns de euros no quinquenio. Cun plan de financiamento a medio prazo, a Comunidade é pioneira en dar estabilidade e certezas ás universidades, como o é tamén na conxelación das taxas de matrícula desde o curso 2011-2012.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a maior aposta de Galicia pola universidade, cunha mobilización de 3.200 millóns de euros, nos vindeiros cinco anos, centrada en eixos como a docencia innovadora, a internacionalización ou a investigación avanzada.

“Estamos a falar do plan máis ambicioso da historia das universidades galegas, co que damos garantía ás mesmas, en materias como: a viabilidade financeira, a contratación do persoal ou para posicionar o sistema universitario galego dentro do europeo”, asegurou, incidindo nas marcas de identidade do SUG: a internacionalización; a mellora das relacións co mundo laboral, “dun xeito constante e permanente”; a docencia innovadora; a investigación avanzada; e a sustentabilidade, “porque a universidade do S.XXI ten que ser proactiva co coidado do medio ambiente”.

Durante a sinatura do convenio entre a Xunta e as Universidades de Santiago, A Coruña e Vigo, no marco do Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, Feijóo quixo dar as grazas aos tres reitores galegos por este acordo, froito directo do compromiso e do diálogo entre as tres universidades.

Máis polo miúdo, o titular do Executivo autonómico explicou que o novo plan divídese en dous fondos: un financiamento non condicionado, é dicir, fondos de libre disposición para os campus, como por exemplo, para gasto corrente e mantemento de infraestruturas; ou para o plan de viabilidade financeira, eficiencia e mellora enerxética. E un financiamento da investigación para impulsar a I+d+i, cun 41% máis de investimentos, ata chegar aos 400 millóns de euros no quinquenio.

Ao longo da súa intervención, Feijóo salientou que cun plan de financiamento a medio prazo, a Comunidade é pioneira en dar estabilidade e certezas ás universidades; “como o é tamén na conxelación das taxas de matrícula desde o curso 2011-2012”, engadiu.

“En definitiva, estamos ante un acordo que blinda a capacidade financeira e o funcionamento destas institucións; e que dá estabilidade e certezas a todos os campus. Un acordo de país, que amosa que a capacidade de diálogo e cooperación entre as administracións e institucións públicas son claves para chegar a consensos e avanzar”, concluíu.

R., 2022-02-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES